22 de set. de 2012

SARA GONZALEZ VARELA, ENTRARIA NA CORPORACIÓN CAMBADESA TRALO FALECEMENTO DE RAFAEL BLANCO.

Rafael Blanco deixou un vacio inmenso en Cambados e en Caldas, o paso das horas e dos días non é obice para esquecer unha perda tan irreparable , primero na súa familia, e logo na agrupación socialista cambadesa, no concello de Caldas onde traballaba, nos Moteiros do Salnés, a súa paixón,  e en definitiva no pobo de Cambados, pero desgrazada ou afotunadamente a vida segue e Rafael ten que ser sustituido dentro da corporación Cambadesa. A número 5 da lista do PSOE de Cambados é Sara Gonzalez
Varela de Corvillón, nacida no ano 1989 é técnico superior en acuicultura e traballa nun laboratorio. 
Se polos motivos que fora esta renunciara, ate o de agora non houbo pronunciamento oficial o respecto,  teria que entrar o número 6 da lista Angel Manuel Giraldez Oubiña, que é xerente da adega de Albariño Castrocelta e xai foi concelleiro en Cambados. Quen sexa,  a miña mais sinceira benvida e magoa que teña que ser nesta fatal circunstancia.

Ningún comentario: