13 de dec. de 2012

PÍDENLLE A BENITO PELEA 100.000 EUROS DE FIANZA POR MALVERSACIÓN DE CAUDAIS PÚBLICOS

MARIÑEIROS DE CAMBADOS TAMÉN COMPARECERAN NA CAUSA COMO ACUSACION.
O XUIZ FINALMENTE DECIDIRÁ EN BREVE SOBRE PROCEDENCIA DA FIANZA.
Con Rajoy
O PP ARROUPA CO SEU APOIO AS "ACCIÓNS" DE BENITO  GONZALEZ.
As reiteradas acusacións formuladas polo sindicato Agamar contra Benito González, presidente da Federación Galega de Confrarías, parecen ter un bo fio argumental para a Fiscalia Anticorrupción de Santiago de Compostela. Tras presentar unha querela contra o cambadés por malversación de fondos públicos, este organismo expuxo unha petición de fianza de 100.000 euros en concepto de responsabilidade pecuniaria, esto quere dicir  para os profanos na materia, que a Fiscalia vendo indicios racionais de delito quere asegurar as cantidades ilegalmente cobradas presuntamente polo Patrón Maior de Cambados que segundo Agamaar acadan os 103.000 euros. Esta solicitude aínda deberá ser estudada polo xuíz, que será quen teña a última palabra e tome unha decisión respecto diso da mesma.
Con Feijoo
Á espera de que o xuíz fale, o avogado de Agamar, Alberto Muñoz, cualificou onte como «razoable» esta petición de fianza, ao entender que do que se trata é de que, no caso de que tras o proceso xudicial sexa condenado, haxa unha provisión de fondos que permitan «devolver o diñeiro, que é do que se trata», en palabras de Alberto Muñoz. «É unha medida cautelar que pretende evitar problemas a posteriori», explica o representante de Agamar.
Este avogado e o colectivo ao que dá voz lideraron, durante anos, unha campaña de denuncia das supostas irregularidades cometidas por Benito González, tanto á fronte da Confraría de Cambados como da Federación Galega de Confrarías. O 15 de novembro, o seu traballo cristalizou ao decidir a Fiscalía de Santiago presentar unha querela contra o presidente da federación pola suposta malversación de 103.000 euros. 
Con Louzán, Touris, Rosa Oubiña, Aragunde e outros
O asunto está nestes momentos en mans do xulgado número 1 da capital galega, pero segundo nos informaron fontes achegadas a Agamar, que ainda están pendentes mais accións xudiciais contra o Patrón Maior e persoas achegadas o mesmo da Confraria de Cambados, que o parecer serán presentadas en breve.
Acusación particular
Con Rosa Quintana.
Tras coñecerse a decisión adoptada pola Fiscalía, Agamar saíu de inmediato á palestra para anunciar que o sindicato se presentaría como acusación no proceso aberto contra González. E parece que non será só Agamar. Segundo explicou onte Alberto Muñoz, unha trintena de socios da confraría de Cambados presentáronse tamén nesta causa para engrosar a lista das acusacións particulares. Trátase dun grupo moi heteroxéneo, no que estarían representados distintos colectivos, e que coincidiría cos representantes do sector crítico coa xestión do patrón cambadés.
Este proceso xudicial, en todo caso, non fixo máis nada que empezar, e as primeiras tomas de declaración produciranse aínda a principios do mes de marzo. Para entón foron citados tanto Benito González como a presidenta de Agamar, Natalia Laíño, a fin de que ambos expoñan as súas teses ante o tribunal.
TODO O PP ARROUPA A BENITO PELEA.
Como podedes ver nas fotos que ilustran esta reportaxe todo o PP arroupa dunha maneira o doutro o xeito de actuar de Benito González, o consideralo un dos seus protexidos, tanto o podes ver con Rajoy, como con Nuñez Feijoo, con Louzán, con Touris ou con Aragunde , por aplicar unha escala xerarquica. Pero non só iso, en Cambados coñecemonos todos e podemos ver como certos empresarios “afectos que sufragan economicante o rexime” tamén apoian incondicinalmente as accións que ate o de agora ven desenrrolando Benito Pelea

Ningún comentario: