31/05/2013

FAUNA CAMBADESA (II): O “BENITUS PELEXÓN” SEGUE A ENMERDALO TODO

POR RICARDO DOMINGUEZ REY
Fai uns meses falabamos, neste mesmo lugar, dun animal, un paxarraco de moi mal
agoiro, o “Benitus Pelexón”e, como diciamos entonces, este mal bicho,para desgraza do resto das aves mariñas,  posouse no tellado da confraría e,  a pesar dos intentos por espantala, non había forma de que se fose voando.
     
Benitus Pelexón
Tamén diciamos, daquela,  que o “Benitus Pelexón” está emparentado co papamerda- palanquín (Págalo Parásito en castelán)unha ave (emparentada, a súa vez,  coas gaivotas) e que non dubida en atacar a outras aves mariñas para roubarlles as súas capturas. 
      Estamos na primavera, a época do ano na que as aves dedícanse a aparearse e a poñer os ovos; o “Benitus Pelexón” non é unha excepción, el tamén intenta foder ás demais aves mariñas (machos e femias, dálle igual) e mais que poñer ovos, el dedicase a tocarlle os “juevos” aos demais, aínda que el non so o  intenta facer  nesta estación, senón o longo de todo o ano.   
      O “Benitus Pelexón” está enfrontado cun grupo de aves da especie “Rañeiro Marinus”; estas aves, moito mais nobres e traballadoras que o “Benitus Pelexón”,é doado atopalas ao longo da costa, en grupo,  procurándose o seu sustento principal: a ameixa. Fai tempo que os “Rañeiro Marinus” víronlle o plumeiro a este “bicharraco”  e, de inmediato, entenderon que mais que apoiar ao resto das aves mariñas, o “Benitus Pelexón” ven a aproveitarse de elas e do seu ecosistemamariño. 
     
Gaivotas Choronas.
Os “Rañeiro Marinus” fai tempo que que veñen observando comportamentos estraños no “Benitus Pelexón”como que minte sobre o valor do niño común que fixeron para todas as  aves mariñas ou a cantidade total dispoñible na despensa, taméncomún, a tódalas aves.  
      Como xa dixemos entón, o “Benitus Pelexón” é unha ave covarde, polo que fai pouco, véndose acurralada e sentíndose “acosada”reuniuse con varias  “gaivotas choronas” (ou “gaivotas do PP”), no tellado do Parador; aves, por certo, carrañentas coma el; buscaba o seu apoio pero, estas aves, aínda que carrañentas, non son paxaros bobos e levan tempo dándose conta de quen é o “Benitus Pelexón”  e pensan se o mellor non seria  cortarlle as alas. 
      O “Benitus Pelexón” ten moito orgullo propio o que lle leva á crenza errónea de que atentan contra o seu honor (como se o tivese) crese   un pavo real  cando no fondo non  é  mais que unha galiña choca. 
      Este sábado  os “Rañeiro Marinus”,como o resto das aves mariñas, acudiran en bandadas  ó tellado da confraría para escoitar as explicacións que da o “Benitus Pelexón, desexarían que cantase como un canario aínda que temen que simplemente se  repetirá mais que un loro, como fai sempre. 
      ¿Darano enxaulado algunha vez?
      Un saúdo a todos.                                       
     
RICARDO DOMINGUEZ REY
       NOTA:  Todo parecido coa realidade é pura coincidencia. 
   
   

   
   

Ningún comentario: