25 de xuño de 2013

O VARADOIRO DA RIBEIRA DE FEFIÑÁNS NUN ESTADO LAMENTÁBEL

Faltan cinco días para que chegue o mes de xullo,  e a afluencia de turistas na nosa vila aumente de xeito importante. Un dos sitios mais transitados da nosa vila , tanto polos cambadeses como pola xente que nos visita en
época estival é o Paseo Marítimo, lugar onde está encadrado o Varadoiro da  Ribeira de Fefiñans (Triana).  Dende fai varios meses o varadoiro  da ribeira está nun estado lamentábel, as "losetas" foron levantadas, imaxinamos que pola forza do mar e ningunha administración  fixo nada por reparar este varadoiro. 
Seguramente sairá o ínclito do noso alcalde dicindo que iso non é competencia municipal ou escusas polo estilo, pero despois ben que se presume nos programas electorais do PP que pagamos todos os cambadeses e certas empresas da nosa vila, destas obras. Ademais non é a primeira vez que empregados do Concello traballan en lugares onde non é da súa competencia e temos probas delo (foto mais abaixo), polo que  o noso Alcalde se tivera un mínimo de decencia turística,  mandaría inmediatamente unha brigada para reparar o varadoiro da Ribeira de Fefiñans, antes do mes de xullo. Ademais como todos sabedes esa é unha zona de marisqueo, e nunha das fotos podemos ver perfectamente como dun dos desaguas dos sumidoiros municipais, empeza a contaminar a zona.









ZONA QUE EMPEZA A ESTAR CONTAMINADA.





ESTA É UNHA OPERACIONS DE FUNCIONARIOS DO CONCELLO NUN LUGAR DONDE NON LLE CORRESPONDE EN TEORÍA.

Ningún comentario: