8 de ago. de 2013

O CASO “LELA”.

O REXISTRO CIVIL DE VILAGARCIA NON DEIXA REXISTRAR UNHA NENA CON ESE NOME.
Hoxe en Vilagarcia saltou a “palestra” o "caso Lela". Unha recen nacida a que os seus pais quixeron poñer o nome de “Lela” e a Encargada do Rexistro Civil de Vilagarcia (Xuiz do Xulgado Nº 2) negouse por non consideralo un nome axustado a dereito. Tivemos a ocasión hoxe de aclararo en Radio Arousa onde intervimos  no programa de “Hoy por Hoy Arousa”.
Ben, imos por partes:

1º.- Lela é un adxetivo que a Real Academia Española defineo  como fatua, simple, pasmada. O diccionario da Real Academia Galega non recolle este termo.

2º.- O Artigo 51 da Lei de Rexistro Civil determina no seu apartado segundo que “…non poderán impoñerse nomes contrarios a dignidade da persoa…”.

3º.- Tanto a Real Academia Galega como a Mesa Pola Normalización lenguistica non recoñecen como nome galego “Lela” o que mais se achega é “Leila”.

4º.- Doutra banda o Diccionaro dos nomes galegos da editoria “Ir Indo” non recoñce tampouco ese nome. En troques si recoñece o hipocorístico (diminutivo)  “Lela” , tendo como referencia o nome “Manuela”. 

5º.- Por outro lado quen non coñece a canción “Lela” escrita por un dos mellores escritores que deu a lingua galega e non foi outro que Danial Alfonso Rodriguez “Castelao” que lembramos:
LELA
(Están as nubes chorando
por un amor que morreu
Están as rúas molladas
de tanto como choveu (bis)

Lela, Lela,
Leliña por quen eu morro
quero mirarme
nas meniñas dos teus ollos

Non me deixes
e ten compasión de min.
Sen ti non podo,
sen ti non podo vivir.

Dame alento das túas palabras,
dame celme do teu corazón,
dame lume das túas miradas,
dame vida co teu dulce amor. (bis)

Lela, Lela....
....

Sen ti non podo,
sen ti non podo vivir.

Esta fermosa canción, emblemática da música galega formou parte da única obra de teatro que Castelao escribiu: "Os vellos non deben de namorarse". Esta obra ironiza sobre o paso do tempo e o amor dos vellos polas mozas. “Lela” era unha das protonistas da obra.
Foi escrita en diversos momentos da década dos trinta, rematada a finais desta en Nova York e estreada en Buenos Aires en 1941 coa participación do actor galego Fernando Iglesias, "Tacholas".
"LELA" foi pensada por Castelao á maneira dunha serenata estudiantil compostelá cantada por un nostálxico coro de boticarios (persoaxes da obra teatral) tendo ó xeito dun bello fado de Coimbra (música tradicional portuguesa).

6º.- É tamén certo que xa hai moitos hipocorísticos rexistrados nos Rexistro Civis españois, e así podemos atopar nomes xa rexistrados como “Paco” , “Pepe”, etc. Sen ir mais lonxe hai rexistrado no Rexistro Civil de Cambados unha persoa como nome de “Xocas” que segundo o diccionario de nomes galegos antes citados é o hipocorístico de Xaquin.

QUE DEBEN FACER OS PAIS?
Se os pais continuan coa súa insistencia o que teñen que facer é un escrito razonado alegando por exemplo algunhas cousas das que aquí se contan e pedir sobre todo como medio de proba que o Real Academia Galega se pronuncie sobre o tema e ainda que o informe, en caso de ser positivo, non é vinculante, o Ministerio Fiscal na maioria dos casos deixase guiar polo que consello da Real Academia Galega. Do escrito de alegacións o Encargado de Rexistro da Traslado o Fiscal quen informa sobre a procedencia do nome, en ultima instancia decide o Encargado do Rexistro Civil, pero o custume é guiarse polo dictamen do Ministerio Fiscal. 
En fin desexamoslle sorte os agerridos pais e a vos deixamosvos con Lela , interpretada por Dulce Pontes:

Ningún comentario: