15 de set. de 2013

A COMISIÓN DE FESTAS DA PASTORA DIMITE EN PLENO

POR DIFERENCIAS CO ALCALDE LUÍS ARAGUNDE.
Se houbo en Cambados unha festa este verá, aparte do Albariño, que brillara con luz propio esta non foi outra que a Festa da Pastora. Cando Marisa Pérez e a súa directiva colleron fai a
lo menos seis anos anos esta festa, a mesma estaba a piques de desaparecer , eles con traballo e esforzo sacaron adiante unha festa practicamente na UVI, ata poñela no mais alta das festas de Cambados.  Sen ir mais lonxe, e aquí case todas as redes sociais coincidiron no mesmo, o mellor concerto do verán en Cambados esta no, foi o de “Los Caciques” o sábado da Pastora e a mellor verbena con diferencia esta ano na Praza do Concello foi sen lugar a dúbidas a da Pastora cunha espectacular orquestra  e un palco digna da s mellores orquestras de Galicia e non foron outros que Os Satélites da Coruña. A recuperación da
Imaxe da Pastora  que estaba totalmente “apolillada” foi outro dos seus grandes logros, así como a recuperación da musica tradicional.  A comisión queixase de que Luís Aragunde fai xa varios anos faga coincidir outros eventos coa Festa da Pastora, eventos que a maioría se realizan no paseo da Calzada e que a Comisión entende que lle restan xente e protagonismo a festa, e isto ven pasando practicamente dende que a nova directiva fíxose cargo da mesma. Fai uns días a presidenta Marisa Perez e outro membro da comisión concretamente José Luís Martinez Bugallo “Loino”, tiveron unha charla cara a cara co alcalde onde lle fixeron ver  que non estaban conformes coa política de festexos sobre todo no mes
de Agosto e concretamente no fin de semana que se celebraba a Festa da Pastora,  comentáronlle tamén o Alcalde que esta era a ultima festa que organizaban e que podía “ir buscando” outra Comisión de Festas. Tamén lle  dixeron que  que outras Comisións non estaba a recibir o mesmo trato que co súa.
Dende este blog a nosa admiración  e noso aplauso a esta directiva que puxo o listón, moi pero moi alto, e o peor de todo é  que por ineptitude do noso alcalde teñan que irse.

Ningún comentario: