14/11/2013

DA SERIE: FENOMENOS PARANORMAIS CAMBADESES

O EXTRAÑO CASO DO FUNCIONARIO MUNICIPAL TELETRANSPORTADO
POR RICARDO DOMINGUEZ REY
Hola amigos do descoñecido:
      Hoxe quería falarvos dun caso asombroso acontecido en Cambados fai xa un tempo; un caso que  foi silenciado polas autoridades e que nunca chegou a ter unha explicación clarificadora; un expediente X que foi bautizado, no seu dia,  como o caso do funcionario teletransportado e ao que “A ti meu Cambados” tivo acceso ........pero antes aclararemos o que é a teletransportación. 
      A teletransportación é un concepto para definir a posibilidade de trasladarse dun punto xeográfico a outro instantaneamente, sen necesidade de desprazarse. Actualmente a ciencia esta realizando experimentos co fin de podelo facer voluntariamente, sen aparentes resultados positivos; sen embargo, en ocasións, isto ocorre de forma involuntaria como lle
pasou, aparentemente, a un matrimonio na década dos 70 en Arxentina e é, quizais, o primeiro catalogado. 
      En concreto, segundo contan as crónicas, dito matrimonio desprazábase no se vehículo, polas aforas da cidade  arxentina  de Rosario, camiño da súa casa, era, practicamente a noitiña, cando penetraron nunha espesa néboa, que non lles permitía ver nada; apenas uns segundos despois desapareceu dita néboa e, para a súa sorpresa, apareceron nunha autopista que non lles resultaba en absoluto familiar, cando se pararon na primeira estación de servizo é preguntaron, descubriron, para a súa sorpresa que ¡se atopaban en México  D. F.! O viaxe fora instantáneo é no contakilometros do seu vehículo non aparecía reflexado eses miles de kilómetros percorridos. Un caso, sen lugar a dúbidas, que pon os pelos de punta.  
      Pois ben, queridos amigos da nave do misterio, no noso pobo pasou, ocorreu, durante  anos, un caso similar e padeceuno un funcionario municipal, provocándolle trastornos ó concello, ós seus compañeiros de traballo e a cidadanía en xeral. 
      Un dia estaba dito funcionario traballando na súa mesa, como de costume cando no entorno da unha do mediodía de repente desapareceu por arte de maxia e foi aparecer na localidade veciña de Sisan, nunha coñecida taberna, diante dunha  botella de albariño; imaxinade, amigos, a sorpresa do funcionario o cal tras sobrepoñerse ó susto inicial e dar boa conta da botella (todo hai que dicilo), preguntouse como chegou alí; sen embargo, ninguén  puido aclararllo polo que optou por regresar a Cambados; unha vez, chegou ó concello e relatou o que lle pasara,  ninguén lle creu.  
      Pero o suceso dende ese dia, comezou a repetirse, frecuentemente, e tras darse conta o alcalde e o resto do funcionariado de tal feito, acordaron ocultar tan extraordinario suceso, facendo correr a crenza, (que se acabou instaurando no pobo) de que o que pasaba, en
realidade, era algo ben distinto,   i era  que, tódolos días,  entorno a unha do mediodía, aparecía no lateral do concello, na rúa Ourense concretamente, un vehículo, circulando moi amodo e que, nun momento dado, se paraba; dentro ían uns amigos do funcionario, compañeiros de “chiquitas”, nese momento, o susodito  traballador público facía “mutis polo foro” e abandonaba o seu posto de traballo para ir a  gozar, en compañía dos seus colegas, dos saudables beneficios do viño. 
      Como diciamos esta foi a crenza que se acabou instaurando entre a cidadanía, moito mais crible e co que intentaron tapar tan incrible fenómeno paranormal; calquera cidadán cambades, dende entón, soubo que como se lle ocorrese acudir ó concello entre as 13.00 e as 14:30 e preguntar por dito funcionario a resposta seria negativa, incluso tal cousa aconteceume a min.
      Resulta que cando levaba xa un ano vivindo en Catalunya, un dia necesitaba un documento para poder empadroarme na miña actual residencia polo que chamo o meu concello  natal é isto foi o  relato dos feitos: 
- “Concello de Cambados, buenos días, ¿en que puedo atenderle? (unha voz feminina contéstame en castelán o outro lado do aparato, supoño que porque na pantalla do seu telefono aparécelle un prefixo de Barcelona, polo que eu decido seguirlle o conto)
- “Buenos días desearia hablar con el Sr. xxxxxx, por favor”
- “Me temo que no es posible, en estos momentos no se encuentra, ¿quiere dejarle algun recado?”
      Entón eu miro o meu reloxo: as 13:30, a esa hora o funcionario en cuestión xa estará desgustando o noso produto cambades mais internacional co que lle espeto á miña interlocutora telefónica:
- “Non se preocupe xa chamarei maña antes de que se marche a tomar os viños”
A risiña cómplice ó outro lado do aparato confírmame o certo da miña afirmación. 
      Ata aquí esta é a historia, so dicir que estes viaxes espazo- temporais cesaron felizmente cando  o noso funcionario xubilouse, non sufrindo ninguén mais eses viaxes de teletransportación............ aínda que, en realidade, non é de todo certo, fai uns meses
aconteceu outra teletransportación, en concreto a merecida  paga de Nadal dos funcionarios municipais viaxou dende os seus petos ata as arcas do concello, “a culpa foi de Zapatero” dixo cinicamente Aragunde.  
      Hoxe o noso funcionario, está felizmente xubilado, sen embargo fai uns meses ocorreulle un feito que non sabemos se ten que ver cos seus viaxes paranormais e ó cal seguiremos a pista. 
      Resulta que este bo home camiñaba tranquilamente polo paseo marítimo, cando, de repente,  unha forza descoñecida lanzouno ó mar. ¿acaso, quizais, un resto da forza cuántica acumulada no seu corpo tras tantos viaxes teletransportados?  Un interrogante mais que engadir a tan incrible dossier. 
      Despedímonos ata a próxima non sen antes lembrarvos outros casos de fenómenos paranormais cambadeses que sen dubida trataremos mais adiante:
      ¿PSICOFONIAS NO CASA DO CONCELLO?
      Unha historia extraordinaria, din que no concello escóitanse voces, en concreto, testemuñas aseguran escoitar. “Luís, ¿onde estas?”. 
      ¿Serán sons de ultratumba ou, simplemente, é o telefono de Aragunde ó que chama Tourís, para darlle o seu lacaio as instrucións dese dia?.

    ¿SERA  A DEPUTADA AUTONOMICA ROSA OUBIÑA CAPAZ ALGUNHA VEZ DE LEER UN LIBRO ENTEIRO?
      Ata agora a nosa conveciña non foi capaz de ler mais ala da portada e o prologo, sen lugar a dubidas o dia que o consiga será o inicio do Apocalipse. 
      ¿MANCHAS DE BELMEZ NAS PAREDES DA CASA DE LOUZAN? 
      Apareceron unhas estrañas manchas nas paredes da casa de Louzán, curiosamente aseméllanse moito a billetes de 500 euros. 

                          Un saúdo a todos e lembrade que a verdade está aí fora.                                  
RICARDO DOMINGUEZ REY






     

1 comentario:

o quinto dixo...

como somos,andamos a preguntarnos se rosa oubiña non lee libros? ¿elogo nunca leria vive peligrosamente de otto skorzeny? ¿e logo ño prestaria os seus compañeiros de partido que tanto querian o belliño de ferrol?