20/12/2013

DA SERIE: ESTOMAGOS AGRADECIDOS Ó PP CAMBADES (PARTE 2)

MAIS REVELACIONS  SOBRE O  “TIPO DOS FULARES. 
UN “CRACK” MANTIDO POR TODOS OS CAMBADESES.
     
Persoalmente penso que cada un de nos ten unha alma xemela;  un amigo, un compañeiro co que conxenias dende un principio e coincides en crenzas, ideoloxías ou na forma de ver a vida. 
      A miña alma xemela chamase Adela, unha gran galega, e coa que e comparto, entre outras cousas: o gusto pola escritura, unha ideoloxía de esquerdas, unha tendencia a rirnos de nos mesmos e,  sobre todo,  unha actitude positivista ante a vida.
      A miña amiga Adela non é de Cambados,  vive a cabalo entre A Coruña e Madrid, polo que, un dia,  despois de ler a historia do “tipo dos fulares” e mentres falabamos espetoume: 
- Dime a verdade, Ricardo, o “tipo dos fulares” non existe, foi un recurso literario, unha invención túa ¿verdade? 
- ¿Que che fai pensar iso, querida amiga?  - Pregúntolle intrigado-
- ¡Porque non pode existir un tipo así!  -respóndeme case de inmediato-. 
      Eu sei que para a xente que non naceu, que non se criou, que  non vive ou que  nunca viviu   en Cambados é difícil entender a especial idiosincrasia do noso querido pobo (ás veces, nin sequera eu a entendo) pero nun pobo que tivo un alcalde
como Tourís, que  ten un alcalde como Aragunde  ou, na confraría de pescadores,  un patrón maior como “Pelea”  pois, xa vos podedes supoñer de que non debería  estrañar que emerxesen   individuos como o “tipo dos fulares” e iso foi o que lle intentaba  explicar á miña amiga........
- Pois si, Adeliña, o “tipo dos fulares” existe, vive entre nos i é un dos grandes chupóns da teta municipal .......... ¿queres verlle a cara?
  Doulle o nome e apelidos do “tipo dos fulares” para que o busque en Facebook e poda poñer rostro a tan singular personaxe.    
- “É guapete o fulano en cuestión” contesta a miña amiga.

- Pois debe ser por iso porque o enchufaron -coméntolle ironicamente-, pola súa “cara
bonita”  porque non ten feito cousa algunha dende que cobra (e moito),  do concello, ademais lóxico que o buscasen “guapete” para que non desentoase con Toñito Pombo, o tenente alcalde, o  gran “sex simbol” da política cambadesa.
      Por certo, antes de seguir,  quero
agradecerlle á toda xente que me aportou datos sobre o “tipo dos fulares”, e que me animaron a facer esta segunda parte   e que demostran o “popular” e “querido” que é o personaxe en cuestión.
      Como, por exemplo, a  miña amiga Maly, que tampouco caia en principio en quen era o “tipo dos fulares” e cando, tamén, lle remitín o seu perfil de Facebook díxome sorprendida:
- ¡Pero si ese rapaz era de esquerdas! ¡lémbrome velo sempre en “A Leria” con xente, claramente progresista o que pasa é que daquela non levaba fulares mais ben ia co pañuelo  tipo  Palestina”. 
      (Xa falamos no anterior artigo da facilidade que tivo o
“tipo dos fulares” para cambiar de ideoloxía, como quen cambia de chaqueta,  sen ningunha dúbida nin remordemento). 
      Por certo,  ¿lembrades que vos falara do carácter de enchufado, non so do “tipo dos fulares” senón, tamén,  da súa parella? Pois outro amigo díxome que, igualmente,  un irmán do “tipo dos fulares” traballa na
Deputación ¿casualidade? ¿vos que creedes, queridos lectores? Cousa, rara, por outro lado,  dado que o irmán no é de Ribadumia, patria chica do presidente da Deputación e polo visto requisito fundamental para traballar en dita administración dado o alto numero de xente que traballa na mesma e que  procede de dito lugar. Pero non sexamos mal pensados, seguro que o irmán o acadou  por méritos propios; por certo este irmán, tamén, acompañaba ó  “tipo dos fulares” cando eran mais novos, ós mitins do BNG, supoño que el tamén sufriu a conversión do PP. ¿levarase nos xenes?. 
      Outro amigo comentoume, tras ler o  artigo, que non  lle
estrañaría nada que gustase mais entre os do PP que entre a esquerda, cando eu, estrañado, pregunteille, o motivo, díxome que coñecía a un destacado membro das Novas Xeracións do PP e  que un dia espetoulle: “¡eu non sei que fai ese traballando no concello si era un bloqueiro!” como vedes o noso amigo, reparte simpatía, por igual, en ambos bandos.
      Quizais esa é unha das grandes “virtudes” do “tipo dos fulares” a de non deixar a ninguén indiferente, probablemente, pola súa tendencia a “pavonarse”. Como xa contamos, na anterior ocasión, os maiores méritos acadados, ata agora,  polo noso personaxe foron acompañar ó alcalde ou a Tourís en distintos “saraos”; aínda que moitos, tamén, temos a imaxe do “tipo dos fulares” sentado na terraza de   “A Leira”...... por certo, antes de seguir e xa que é a segunda ocasión que nomeo a “A Leira”,  e especialmente para todos os que non sodes de Cambados, deixádeme que vos recomende este lugar, punto de encontro no noso pobo; Madrid ten o “Café Gijon” como un dos  lugares emblemático para  quedar, tomar algo cos amigos ou para manter charlas de calquera índole ; o noso “Café Gijón” cambades é, sen lugar a dúbidas, “A Leria”, punto neurálxico da vida cambadesa; o dito se visitades Cambados, non perdades a ocasión de achegarvos a este lugar, onde seredes recibidos con amabilidade polos irmáns Rey Domínguez, Rubi e Xocas (para os mal pensados aclaro que non teño ningún parentesco familiar  con eles) ou  co sorriso  e a beleza de Rosa..........pero volvamos co noso amigo.   
      Como diciamos anteriormente ao tipo dos fulares gústalle “pavonarse”: cando se senta na terraza de “A Leria”  deixa o  
smartphone sobre a mesa, ben á vista para remarcar o seu carácter de home conectado ó mundo e, dando a entender, que sempre pode recibir unha chamada importante;  coa súa linguaxe corporal intenta dicir: “mirade ben, aquí tedes un triunfador, ¿a quen non lle gustaría estar no meu lugar?”  pero o que   el non sabe, probablemente,  é que moitos, mírano e pensan: “¡pobre! o que fai algún para vivir do conto e non ter que baixar o lombo, a saber ante quen tivo que agocharse a altura da entreperna   (e non precisamente para ver se levaba a petrina aberta) e así  lle deran un cargo”. 
   
  Por certo antes de que me esqueza, chegoume ós meus oídos que ao proxenitor  do “tipo dos fulares” nos lle gustou, en absoluto, o anterior artigo que lle dedicaramos o seu “ilustre” fillo e dixo en algún coro, referíndose a min,   algo así como: “¡déixamo que o teña diante, vaime a escoitar!”; lamento non poder cumprir o seu desexo, non vou todo como eu quixera á nosa querida vila pero, dende logo,  a próxima  vez que vaia farei o posible para cruzarnos e o que queira dicirme, póidamo dicir á cara.......o que me leva a preguntarlle se lee isto: ¿que lle pareceu mal, señor meu? ¿acaso dixen algunha mentira? ¿acaso cree que o seu fillo está onde está polas súas  capacidades ou aptitudes  para a política?  Non se engane, querido veciño, e que o seu “amor de padre” non lle cegue nin  lle distorsione a realidade: o seu fillo está no posto que está (posto totalmente prescindible todo sexa dito)  por ser un “pelota” e un “lamecus, como fixeron e fan  outros moitos en Cambados, iso son as verdades do barqueiro  e  o demais son contos. 
     
Tamén quería destacar o que me dixo outro amigo meu sobre este personaxe; contábame este colega, que borrara ao “tipo dos fulares” dos seus amigos de Facebook porque lle chegaran aos seus oídos que, dende o concello, dedicábanse  a espiar os perfiles e os muros desta rede social para saber quen era amigo de quen, cantos simpatizaban, por exemplo co BNG, ANOVA ou PSOE e cousas dese estilo; cousa que, en absoluto, é nada novo: todos lembramos, en tempos pasados, cando había mitins electorais  no noso pobo, ben na “Cultural”, no “Reboredo” ou no desaparecido Cine “Avenida” e  cando ditos actos eran do PSOE ou do BNG,  nos arredores sempre atopabas a recoñecidos simpatizantes do PP, controlando quen acudía aos  mitins;  que se dediquen agora a “espiar” no Facebook  é, sinxelamente, unha adaptación ós novos tempos de aquela práctica. 

    ¿Será quizais que o tipo dos fulares é unha especie de espía?  ¿un 007 con licenza para ..... “cotillear”?   quen sabe se para iso o ficharon (a conta dos petos dos  cambadeses): cando non está de “perrito faldero” do alcalde, dedícase a mirar, nas redes sociais, quen é amigo de quen, cal  é un potencial “progre” ou “rojo”,   quen os critica etc.......... Isto lévame a pensar que, quizais, entrou tamén  no meu perfil de Facebook: ¡que vergoña! Como mal que sempre  salgo eu retratado, espero que non vira as
 miñas fotos  na piscina, el que ten un “tipaso” e un torso de  “peito de lobo” que bota “pa atrás” (confeso que eu tamén entrei no seu perfil de Facebook). 
      Para rematar quero deixar ben claro que non teño nada persoal contra o “tipo dos fulares” pero é que pra min representa todo o que sempre mais repudiei en política, e  que tan ben exemplifican os Louzán, Tourís, Aragunde e compañía:  o de non vir para servir á cidadanía  senón para servir ós seus intereses persoais e privados ( e que tan ben lles está indo) o de crear un posto de traballo non en función das necesidades do pobo senón para “colocar” ós amigos e aos “pelotas” de turno;  co agravante, no caso do “tipo dos fulares” de que renunciou a  ideoloxía na que cría co que se demostra o barato que está algún disposto a venderse.   
      Déixovos soamente cun dato: cada ano o tipo dos fulares cústalle a tódolos cambadeses mais de 30.000 euros, e dicir, que no mellor dos casos aínda que soamente botase no posto este período de mandato de catro anos, ás arcas municipais custaralle mais de 120.000 euros;  co salario que cobra (mais de 2.000 euros mensuais) podían pagarse  as  nóminas de 2 traballadores  do area, por exemplo, de dependencia; un dos sectores que está sufrindo a política de recortes deste goberno, coa escusa da suposta austeridade; austeridade que sufrimos todos os cidadáns, salvo eles.     
 
    UN SAUDO A TODOS               
     
      RICARDO DOMINGUEZ REY


















     

1 comentario:

MANUEL dixo...

Excelente artigo, quero recoñecer que eu non sabía quen era o personaxe en cuestión e que debido a unhas xestións no axuntamento decateime dunha persoa que acompañaba o alcalde e tiña una bufanda guai e barbita sen afeitar de días, quixo o destino que das dúas seguintes xestións volvera a ver o personaxe en cuestión e pregunteille a unha persoa quen era tal personaxe, cando me dixeron " é fillo de ..." Ai carallo (pensei eu), si seu pai fai o que lle peta en certas cousas que están a vista de todos e mantén o seu saber estar dende fai moitos anos e lóxico que "fillo de lobo lobito". Eu quería saber que tipo de mexunxe lle poden dar a estes conversos para poñer o cú donde tiñan a frente, a natureza humana non deixa de sorprenderme coa sua vileza e baixeza ante os cartos. Con elementos de este calibre costa abaixo e sen frenos.