27 de dec. de 2013

OS CIDADÁNS DE VILAGARCÍA DANNOS LECCIÓNS OS DE CAMBADOS

A SUBIDA DO IBI, ÚNEOS  ENCONTRA DO ALCALDE FOLE.
MENTRES EN CAMBADOS AGACHAMOS
O Gran Recaudador
A CABEZA E A PAGAR E AXEONLLARNOS DIANTE DE ARAGUNDE.
Todos sabemos das rivalidades entre Cambados e Vilagarcía que sempre se escenificaban  normalmente no campo de fútbol cos enfrontamos entre Cambados e Arousa. Pero
temos que dicilo, senón estoupamos, a conduta dos cidadáns de Vilagarcía e de admirar no tema do IBI (IMPOSTO DE BENS INMOBLES), eles non se resinan  e incluso chegaron a formar unha Plataforma  contra a exaxerada
subida do PP neste imposto, pero non so neste concello senón en todos. A PLATAFORMA quitoulle as córes
 Fole no pleno do outro día e puxérono moi nervioso. Nunca pensamos que iamos ter evexa dos vilagarciáns. 

Luís Aragunde, Alcalde de Cambados, tamén fixo o mesmo  como si un lobo con fame fora leva masacrando os cambadeses a impostos dende que que se fixo cargo do Concello de
Cambados e todo para manter entre outras cousas a seis asesores persoais que nos custan os cambadeses mais de 15.000 euros o mes (mais de 200.000 euros o ano), e dicir un arquitecto municipal, un arqueólogo municipal (xa me dirán vostedes para que carallo queremos un arqueólogo), un asesor xurídico,
un secretario persoal, un xefe de prensa e un axudante do prensa, postos dos que poderiamos prescindir sen ningunhas clase de problema xa que hai persoal no concello que pode
facer estas labores perfectamente. E que facemos os cambadeses, pois agachar a orella dicir que si e pagar relixiosamente en vez de revelarnos contra este atraco a man armada, por unha subida moito menor a dereita cambadesa organizou unha manifestación con invasión do concello , vídeo que estará eternamente neste blog para lección destes impresentables  co titulo “GOLPE DE ESTADO EN CAMBADOS  1ª E 2ª PARTE”. ¡¡¡ERGUE A TESTA E PROTESTA E DESPOIS MATA O LOBO!!!

Ningún comentario: