A HISTORIA DUN AMOR DE CONVENIENCIA E UNHA SUMISION SADOMASOQUISTA
POR RICARDO DOMINGUEZ REY.
O Nadal é tempo de bos desexos, de facer balance e
tenrura, polo que hoxe quero contarvos unha bonita historia de amor, un amor de conveniencia que aínda hoxe en dia perdura, así que nos poñemos o cinto e viaxamos no tempo........
tenrura, polo que hoxe quero contarvos unha bonita historia de amor, un amor de conveniencia que aínda hoxe en dia perdura, así que nos poñemos o cinto e viaxamos no tempo........
Fecha: mediados de marzo de 2009
Lugar: Despacho do Alcalde de Cambados
Tourís, o alcalde de Cambados, colga o telefono, despois de contestar a unha chamada que levaba
moito, moitísimo tempo esperando coa mesma impaciencia coa que os nenos, no Nadal, esperan a noite de Reis para recibir os seus agasallos.
moito, moitísimo tempo esperando coa mesma impaciencia coa que os nenos, no Nadal, esperan a noite de Reis para recibir os seus agasallos.
Tourís acababa de falar con Alberto Núñez Feijoo, flamante gañador das eleccións á Xunta de Galicia celebradas o dia 1 de marzo e, por tanto, próximo
presidente da Xunta de Galiza e, na confección do futuro organigrama que dirixirá, acababa de chamalo para dicirlle que era o elixido para o novo cargo de superdelegado da Xunta na provincia de Pontevedra. “¡Por fin!” - pensaba Tourís- todo o seu traballo de “peloteo” levado a cabo dende o mesmo día no que soubo que Núñez Feijoo fora o elixido como sucesor de Fraga, daba os seus froitos; esas invitacións á festa do albariño onde se pegaba ó futuro presidente como unha lapa, todos os actos peperos onde forzaba o encontro para darlle “a paliza” e venderse a si mesmo; todo iso, finalmente, valeu a pena e agora recollía os seus froitos.........

- “Superdelegado da Xunta na provincia, ¡que ben soa!”- pensaba Tourís mentres se recostaba no seu sillón, poñía os pes sobre a mesa e facía un repaso mental a súa traxectoria dende que entrou na corporación municipal, ala polo ano 1987, o seu ascenso ata tenente alcalde no ano 1995 e, o momento
mais importante, o seu acceso ó posto de alcalde debido á inhabilitación para cargo público do seu antecesor no cargo, Santiago Tirado.
mais importante, o seu acceso ó posto de alcalde debido á inhabilitación para cargo público do seu antecesor no cargo, Santiago Tirado.
- “Debería ter un detalle coa Botana de non ser por ela, se cadra hoxe en dia non estaría aquí” – Pensaba Tourís, mentres se recostaba mais no sillón – “Algún dia debería estudarse nas
universidades a miña ascensión meteórica, ata se me ocorre un título para a materia: Como chegar ás mais altas esferas da política sen ter puñetera idea da ideoloxía do teu partido” - seguía pensando mentres botaba unha gargallada.

Sen embargo había algo que lle roldaba pola cabeza a Tourís: o cargo de superdelegado supoñía que tiña que renunciar á alcaldía, e iso era algo que lle custaba asumir; obviamente o cargo que lle ofrecía Feijoo era mais
importante, pero, ser o “mandamais” do pobo e ser quen “cortaba o bacallau” en Cambados era demasiado tentador para, unha vez que se conseguiu, deixalo marchar.
importante, pero, ser o “mandamais” do pobo e ser quen “cortaba o bacallau” en Cambados era demasiado tentador para, unha vez que se conseguiu, deixalo marchar.
Tourís sentíase como ese home que esta punto de dar un paso decisivo na súa vida: casarse con unha noiva formal e de boa
posición social pero que se nega a deixar á amante apaixonada e luxuriosa coa que se sinte mais realizado; quere á primeira pero non pode esquecer á segunda. ¿Como ter as dúas? Aínda que sempre quedaba a solución de poñer a un home da súa confianza na alcaldía pero iso tiña o inconveniente de que nunca sabias como che podía saír e “moverte” o sillón na túa ausencia..... Tourís coñecía moito do tema e senón que lle preguntasen a Tirado.

Nesas cavilacións estaba o alcalde cando, de súpeto,
entrou Luís Aragunde, o seu servo mais fiel.....
entrou Luís Aragunde, o seu servo mais fiel.....
- “Boas Xosé Manuel, mira, que chamaron de Talleres Silvoso que xa teñen o teu Mondeo lavado e relucente ¿queres que eu cho vaia a buscar?”
Entón a Tourís brilláronlle os ollos, tiña diante de el a solución que estaba buscando
ó seu problema; Luís Aragunde era o candidato ideal para substituírlle no posto, fiel e leal como un canciño e manso como un cordeiro, nunca se atrevería a morder a man que lle da de comer...e moito menos rebelárselle, seria como si el mesmo non se houbese marchado nunca da alcaldía; definitivamente era a persoa que necesitaba

“Luís séntate, teño algo importante que dicirche”
Aragunde tremeu como unha folla: cando Tourís se dirixía a el con ese tono case sempre era porque tiña que
chamarlle a atención por algo que fixera mal, aínda que nesta ocasión non adiviñaba a que podía deberse.
chamarlle a atención por algo que fixera mal, aínda que nesta ocasión non adiviñaba a que podía deberse.
- “Quería comunicarche que Feijoo ofreceume ser o novo delegado provincial da Xunta, cargo que vou a aceptar e por tanto deixo a alcaldía e tras valorar as opcións posibles pensei en ti como o meu substituto”
Luís da impresión case cae para atrás, non podía crer o
que estaba a escoitar: ¡alcalde de Cambados ! dábanlle ganas de levantarse e plantarlle un “morreo” en toda a boca a Tourís, aínda que o final desistiu de tal cousa; non cabía do gozo e soamente atinaba a dicir:

- “Grazas, Xosé, grazas, non che vou a defraudar, ocorréseme ideas moi interesantes para o concello, para empezar ........”
Nese intre Tourís interrompeuno:
- “Tranquilo non te embales que isto non vai así, para empezar, eu seguirei levando o control de todo, empezando polas obras, eu voume pero non quero que cambie un ápice da forma en que o teño todo montado, ¿algunha obxección?”
Aragunde deuse conta de que o que lle propoñía Tourís
era, sinxelamente, ser un home de palla, dar a cara e seguir a folla de ruta que lle marcaba de antemán, aínda así a proposta era interesante e, ademais, ¿quen se daría conta de que en realidade seguía a gobernar Tourís?..... o cal seguía falando:

- “Ante calquera dúbida que te poida xurdir, consultarasme e manterás o persoal que eu tiña, farache falta, sobre todo o xefe de prensa dada a túa, como dicilo, falta de desenvolvemento ante os medios”.
Aragunde estaba tan absorto que non lle dou importancia a pulla que lle acababa de botar Tourís, xa se vía encabezando as procesións, co bastón de alcalde na man ou recibindo ás distintas personalidades invitadas á Festa do Albariño..... “teño que mercar mais traxes” - pensaba cando Tourís fíxose unha pregunta á que respondeu de inmediato:
- “¿Queres pensalo con mais tempo e xa me darás un resposta?”
- “¡En absoluto, Xosé, non necesito pensalo, son o teu home!”
Tourís riuse para os seus adentros, fora mais doado do que pensara, agora xa podía marchar tranquilo, deixábao todo “atado e ben atado” e para rematar díxolle a Aragunde:
- Sabia que podía confiar en ti pero agora vaite buscarme o coche a de Silvoso que debe estar a punto de pechar.
E Aragunde desapareceu pola porta cal eficiente “aparca coches”.
Si este relato fose unha película cinematográfica, agora seria o momento en que tras o “The End” sairía a recorrente mensaxe “esta película é pura ficción calquera parecido coa realidade é pura coincidencia” lamentablemente a realidade empéñase en levarnos a contraria e feitos como a investigación dun xulgado de Arzuá por un presunto cobro de comisións ilegais no que se veu inmerso Tourís ou o caso do “Pinal da Maza” amósanos quen goberna en Cambados e quen segue a ser o chico dos recados
Soamente quédame desexarvos a todos unhas felices festas e un prospero ano 2014, unha forte aperta a tod@s.
1 comentario:
Ten coidado co que andas a poñer non vaia ser que un dia atopeste sin blog,avisado quedas chonito.
Perdon chochito de oro.
Publicar un comentario