17/01/2014

ENTREVISTA A MANUEL FERNANDEZ PADIN “O GALO” (II)

“POR UNHA DESCARGA DE COCAÍNA PAGÁRONME 500.000 PTAS NUNHA SOA NOITE.”,  DESCRIBE  MANUEL FERNÁNDEZ.
A cosa vaise poñendo interesante continuamos percorrendo
o proceso vital tan atrainte do arrepentido da  “Operación Nécora” Manuel Fernández Padin “O Galo”
-De onde ven o alcume do “Galo”.
-O alcume GALO, ven de un amigo de infancia chamado Marcelino que cando estabamos aprendendo o a,e,i,o,u, mais ou menos, púxomo porque daquela eu lucia un pescozo longo e tiña o pelo rizado e con entradas,polo que se ve que lembreille a algún francés, e quedoume e eu acepteino con deportividade, ante todo.  - Da famosa foto da “Xeración perdida”, só estades vivos ti e mais teu irmán Rafa , se non lembro mal, fálanos un pouquiño do resto, que lembras deles.
-"DEJADNOS VIVIR" foi o nome que decidimos poñerlle o noso equipo de futbito que participou nas festas patronais de Vilanova,nos anos 80,onde sorprendentemente "OS PORREROS" gañamos o torneo a bos futbolistas, para sorpresa de propios e estraños. A idea de vestir todos
de negro foi miña e de facer os "banderíns" co signo anarquista e o escudo das camisas tamén. Foi unha premonición o nome do equipo porque tristemente da foto do equipo só vivimos tres, algo se vía vir. Foi un equipo de amigos
e de compañeiros de “caralladas”, onde predominaba boa xente ,pero que mais tarde caemos no mundo das toxicomanías, que acabaron con todo inclusive con nos mesmos. Recordar que o noso adestrador era Jelucho porque en principio era o que menos sabia de fútbol, e ademais
non lle importaba nada o fútbol. Dicir que foron fundamentais na miña vida, que os boto moito de menos, que non hai dia que non me lembre deles e que con eles foise unha grande parte de min, en certo modo morrín cando a
eles. "OGALLA ESTIVERAN EIQUI", como dixo Pink Floyd.
(O nove de xaneiro do ano 2000 o programa Documentos TV de TVE, emitiu un episodio chamado "MAREA BLANCA"  adicado a este equipo e a problemática da droga no Salnés, un programa estremeceder, que os que vichedes vaivos lembrar moitas cousas e os que non vaivos emocionar, premer AQUÍ para acceder ao mesmo)
-Unha das túas primeiras experiencias no campo laboral foi ser encargado naquel antigo Pavillón do Pombal. Que recordos tes desa época? Por que marchaches?.
-Fun encargado do Pavillón Municipal de Cambados, gracias a aprobar un examen-oposición para contratar por seis meses a un funcionario, entre varios
opositores, cando o pavillón aínda non estaba nin terminado nin inaugurado. Demostrei os meus coñecementos, sobre deportes horarios e actividades,axudei o correcto funcionamento do pavillón antes da inauguración,axudando a albaneles etc. Teño
bos recordos desa etapa corta porque os usuarios portáronse adecuadamente coas instalacións e comigo, eu tamén con eles e a única pega tívena cos fumadores nas gradas do publico, porque non se podía fumar alí dentro. Só tiven unha pega na miña labor e foi que para mover distinto mobiliario como porterías non podía eu solo pero sempre contei coa axuda de
rapaces que andaban por alí e que eran xa "amiguetes" pois frecuentaban moito o pavillón, gracias a todos eles. Sen embargo  dinme conta que por moitos non era ben visto por non ser de Cambados, a pesares de vivir e estar empadroado aí. Había ciumes e envexas. Antes de terminar o contrato o concelleiro de Cultura e Deportes , creo que era Palermo, indicoume que cando ía xogar a partida de dominó a Cultural, os veciños botábanlle en cara de empregar no pavillón
xente de fora en vez de rapaces de Cambados. Gobernaban os nacionalistas galegos BNG co alcalde Pillado, e quedeime petrificado, preguntándome si Vilanova de Arousa era ou non Galicia. Fixéronme unha grande inxustiza e unha cacicada. No meu sitio puxeron o meu compañeiro do fútbol, Richard que e o actual encargado e ignoro como entrou aí. Alégrome por el. Así que bos recordos pero unha saída caciquil e inxustificada.  
        
-Como entras no mundo “escuro” e da man de quen.?
-Despois de esta cacicada fiquei sen ingresos e tiven que regresar a casa de meus pais, onde continuei o meu tratamento psiquiátrico acudindo o medico de Santiago de Compostela para recibir curas de sono. Despois de comer, solía deitarme no fallado a
durmir xa que o tratamento pa cabeza era fortísimo. Tiña constantes ideas de suicidio e pensei en buscar traballo para ver si me atopaba mellor traballando, pero todos me negaron traballo. Pasei así encamado moitos meses,  ía a peor, ate que decidín sacar forza de onde fora e pensei en intentar meterme no contrabando de tabaco para gañar cartos e poder ir os mellores médicos do mundo, a desesperación polo meu estado mental era moi grave. Falei cun membro da familia Charlin para traballar no
tabaco, un dia viñéronme buscar e fomos a unha descarga pero para miña sorpresa non era tabaco o que descargamos, durante tres noites. Pasados uns meses leváronme a outra,  e non era tabaco, senón cocaína. Entón non me gustou nada onde me estaba metendo. Así aparecín metido no narcotráfico de forma
involuntaria totalmente.  
                                                   
-Non nos digas nomes, pero no mundo do narcotráfico atopácheste de todo, policías, políticos, periodistas. Seguen algúns en activo. 
-Neste mundo do narcotráfico estiven pouco tempo por desexo propio, polo que só puiden ver a "camellos" traficantes pero non tiven tempo de ver nin policías nin políticos nin periodistas, era o home de confianza dos Charlins, pero non me din nin tempo de acudir a reunións, nin viaxar a Colombia como estaba programado nin nada
, eu cando vin que era cocaína non estaba disposto a seguir traficando,pola miña enfermidade  e pola morte dos meus mellores amigos, non quería eses cartos manchados.
-É certa lenda que  do narcotráfico  de que  se conseguen cartos facilmente?
-Non e unha lenda e mais ben unha realidade visible e notoria na mesma rúa pódese ver, isto sabeo todo o mundo e aí están as fortunas amasadas polos "narcos", e de aí tamén que cada vez haxa mais xente que se adique a esta actividade que lonxe de minguar, medra. A min por exemplo pola descarga de cocaína pagáronme 500.000 pts. nunha sola noite (anos oitenta).
(CONTINUARÁ...)

Ningún comentario: