11 de feb. de 2014

O TEMPORAL NON SÓ DESCUBRE PEDRAS

UN VECIÑO DE SANTO TOME, ATOPA DOUS CACHOS DE CERÁMICA NAS INMEDIACIÓNS DA TORRE.
Os temporais que están a asolar o noso pais e por conseguinte a nosa vila  non están so a causar danos
materiais no mobiliario urbano e nas propiedades dos cambadeses, tamén están a causar danos no noso patrimonio histórico e aí temos o exemplo da Torre de San Sadurniño. Hoxe mesmo un veciño de Santo Tome, moi indignado por certo, polo
estado calamitoso no que se atopa este marabilloso paraxe cambadés, pois segundo él dentro de pouco  non vai quedar nin unha soa pedra que protexer, acaba de atopar dous restos de cerámica que serán que ter debidamente analizados para ver o que realmente son e a súa procedencia, porque podemos
perante un achádeo moi importante, ou non, pero polo menos débese analizar. Lembrámoslle a todos cambadeses que temos un arqueólogo que ven dúas dias a semana que cobra 1500 euros. Sabedes para que?, por vir a Cambados a tocarse os "collóns" dous
dias a semana ou ao menos iso é o que parece.
HISTORIA DA TORRE
En fronte ao posiblemente barrio máis vello de Cambados, Santo Tomei, atópanse nunha pequena illa chamada "A Figueira", os restos do que no seu día foi unha fortaleza
medieval. Tan só quedan en pé dous muros dunha torre que é o que fai que hoxe en día a chamemos Torre de San Sadurniño. A illa se haxa unida ao mariñeiro barrio de Santo Tomei ou Vila Vella por un estreito e longa ponte recentemente reconstruído que mide
máis de 170 m. Merece a pena dar un paseo polo barrio e admirar as vellas casas mariñeiras recentemente reformadas polo plan estatal de vivendas 2005-2008. O barrio conserva unha tipoloxía tradicional de vila mariñeira e localízase situado sobre as mesmas rocas da
costa. Aquí atópase tamén a praia da Mouta que cando a marea está baixa pódese acceder practicamente andando desde ela ao pequeno illote onde se sitúan os restos históricos. Cando hai baixamar poderemos ver
centos de mariscadores en plena faena. 
Segundo o historiador Caamaño Bournacell a primeira fortificación existente na illa data do século X, na época do bispo de Santiago Sisnando. Debido aos ataques normandos dos séculos X-XI o coñecido arcebispo de Santiago, Diego
Xelmírez, adquiriu e mandou reconstruír a fortaleza (s.XI), xa que se atopaba nunha posición estratéxica, controlando a entrada de Ríaa de Arousa. No alto da torre acendíase unha fogueira para que desde a fortaleza da Lanzada ou as Torres de
Catoira fose vista e así avisar a poboación de posibles ataques viquingos. Este sistema foi moi empregado en terras galegas durante a baixa idade media e a recado que serviu para salvar moitas
vidas e poñer fose do alcance dos inimigos o alimento ou as riquezas da poboación. Logo, no século XIII, pasou a mans do poeta, militar e gran mariñeiro Paio Gómez Chariño de Soutomaior, conquistador de Sevilla para a Coroa. Un século despois, sobre
1467, a consecuencia da revolución irmandiña a torre foi derribada. Uns anos máis tarde foi de novo reconstruída polo señor d Sobrán e Señoráns, Soro Gómez de Soutomaior, medio irmán do famoso Pedro Madruga. 
Grandes personaxes históricos como Urraca de Castela e León, a infanta de Hungría María Gómez, Xoana de Castro ou María Ulloa se apousentaron baixo os seus muros. Ata o século XVIII estivo en posesión dos descendentes de Chariño ata que Martín Domingo de Guzmán e Neno vendeu
o señorío ao primeiro marqués de Montesacro, Diego de Zárate e Muga quen o mantivo ata a abolición dos señoríos no século XIX. Dise que ata hai pouco máis dun século aínda se conservaban os cimentos dunha
pequena capela dedicada á virxe, pero hai quen di que tamén se veneraba a San Sadurniño, que sería quen deu o nome á torre. En 1755 o gran terremoto de Lisboa derribou parte da fortaleza e a fachada da capela. 
Hoxe en día tan só consérvanse dous muros dunha torre que constaba de tres corpos. Pódense apreciar as dimensións do grosor dos muros da torre, así como unhas fiestras e o que máis chama a atención que son os restos ben conservados dunha
cheminea na planta 2ª. Isto e algunha pedra espallada na zona é o único que chegou ata os nosos días. 
Os restos foron protexidos por Decreto do 22 de abril de 1949 e pola lei de 16/1985 sobre o patrimonio histórico español.

Xan Galban Galinanes Hai vinte anos entregueia ao departamento de Historia do Instituto Cabanillas duas pezas coido que de barro que estaban á vista tan pronto chegas á illa,eles á súa vez enviáronna ao Museo de Pontevedra que lles confirmou a orixe medieval da mesma.Estiven falando co grande Mestre e mellor persona da Facultade de Historia de Compostela D,Fernando Acuña Castroviejo que aparte de moitos outros méritos foi o director da escavación arqueolóxica das Torres do Oeste de Catoira leva preocupado pola situación da Torre de San Sadurniño dende hai anos e é verdade que a min fai tempo que con certa frecuencia me pregunta como está;El cré que pode ser anterior á Idade media e que para o entendemento da defensa da ria é fundamental xunto coa xa estudada da Lanzada;unha pena,debe ser que os turistas que visitan Cambados precisan praias artificiais e paseos marítimos....

Ningún comentario: