6 de abr. de 2014

GONZALO DURAN ,AO PARECER, MOI MOLESTO CON LUÍS ARAGUNDE

NON SE DESCARTA UNHA QUERELA OU BEN CONTRA A POLICÍA LOCAL, OU BEN CONTRA A ALCALDÍA DE CAMBADOS.
Si Luís parece ser  un tío vingativo, Gonzalo Durán non che anda con “chiquitas” e polos datos que estamos a recibir
 nas últimas horas non é descartable,  ou ben unha querela ou denuncia contra a Policía local de Cambados, ou ben  contra a Alcaldía de Cambados. tampouco se  descarta a vía administrativa,  pois vulnerar a lei de protección de datos (airear a prensa unha multa de tráfico) pode ser  sancionable con ata 60.000 euros de multa. O "mosqueo" de Gonzalo Durán, ao parecer,  é de "órdago", a
nova está dando a “Volta a España” (Meneame) e sen necesidade de construír unha batea de cristal.
Hoxe recibimos unha comunicación de probablemente  alguén , supoñemos,  achegado o alcalde de Vilanova, dito con todas as reservas,   e dicíanos o seguinte, palabras testuaís:
“Están cometendo un delito por vulnerar a lei de protección de datos. Cando isto acabe no xulgado, quen vai levar a culpa de difundir a nova?. Vai dimitir algúen por filtrar intencionadamente  unha multa de tráfico?. Porque isto vai de cabeza ao xulgado, caiga quen caiga. Algúns teñen que estar moi preocupados cando canten non saben no "follón"
Recibo de seguro aportado por
Gonzalo Duran
 no que se meteron…quen vulnerou a lei?. Ninguén se da conta de isto é un delito ou que?. Quen vai perder o traballo no concello de Cambados? Estase a facer a miúdo isto? E cando condenen ao concello de Cambados  cunha multa de 60.000 € quen vai ser o responsable?"
Non sabemos,  pero só hai tres maneiras de que esto se fixera público: 
1º.- O axente sancionador o algún da Policía local de Cambados. (Cousa que case descartamos porque sabemos da profesionalidade dos axentes cambadeses).
2º.- O gabinete de prensa do Concello de Cambados. 
3º.- Orde directa de Luís Aragunde.
O demais é especular.
Insistimos, o "mosqueo" de Gonzalo é de “madre y muy señor mio” e cando Gonzalo se irrita “treme o Ministerio e quen estea dentro del”.
Hoxe a prensa volvese a facer eco da nova aquí vos deixamos os enlaces a Diario de Arousa e a Faro de Vigo.
Por certo tamén empezan a aparecer montaxes do Alcalde de Vilanova aquí vos deixamos dous un do representate do PSOE en Vilanova e outro de Monta Montadictos Cambados.





Ningún comentario: