7 de abr. de 2014

S.O.S , EN EMINENTE PERIGO DE DESAPARICIÓN O PARTIDO XUDICIAL DE CAMBADOS CON MAIS DE 150 ANOS DE VIDA

ESTE BLOG XA ADVERTIU O 03/09/13 OS NOSOS POLÍTICOS DE CAMBADOS O PERIGO QUE CORRIAMOS. 
O BNG E PSOE TANTO A NIVEL LOCAL, COMO COMARCAL, COMO PROVINCIAL TIÑAN QUE FACER ALGO MAIS.
O noso artigo en cuestión titulábase “O PP DE LUÍS ARAGUNDE QUERE ELIMINAR O PARTIDO XUDICIAL DE CAMBADOS” o subtitulo era o seguinte: "MAIS DE 50 POSTOS DE TRABALLO QUE SE PERDERÍAN NO POBO.”
Diciamos naquel artigo “que non queriamos pecar nin de alarmistas nin de extremistas, o titular non é noso é fiel reflexo do manifestado nunha recente visita a Pontevedra polo Fiscal Xeral do Estado , Eduardo Torres Dulce. “ Pero desgrzadamente o tempo deunos a razón.
O autor desta "barrabasada" non é outro que o
incompetente , inútil, e pertencente a estrema dereita,  o Ministro Gallardón autor do proxecto de lei que consuma a extinción dos partidos xudiciais entre eles , obviamente o noso o de Cambados, aínda que provisionalmente
se manteñen as subsedes pero o obxectivo é concentrar todo na capital en Pontevedra nun futuro non moi longo. En principio os asuntos vanse ver nas subsedes aínda que a lei prevé que por exemplo un caso de Meis ou de Sanxenxo, ate o de
agora competencia de Cambados poida verse en Pontevedra.
O anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial, un texto que senta as bases da futura Lei de Demarcación e Planta Xudicial, tamén en fase de reforma, foi aprobada o sábado pasado na reunión do Consello de Ministros a proposta de
Gallardón. O modelo polo que aposta o ministro de Xustiza coñécese así un ano logo da primeira reacción contraria por parte dos profesionais arousáns e doutros partidos da provincia. 
Luís Aragunde,  o incompetente alcalde que temos en Cambados, lector deste  blog a quen lle chega información diaria por medio do seu gabinete de prensa “cualifica como un erro a
decisión do Goberno e expresa que fará xestións para conseguir que se cambie a norma” .O rexedor cambadés engade: "Estou en contra da medida porque afecta a Cambados de xeito importante. Creo que o sistema actual é máis operativo e funcional e máis próximo aos administrados. Centralizar en Pontevedra a organización xudicial só
servirá para montar o caos: haberá máis listas de espera e prazos máis longos para os xuízos"
Desde o Concello de Cambados realizaranse xestións co fin de lograr un cambio na redacción da nova Lei de Planta que non prexudique os intereses dos veciños da súa
estes son os verdadeiros
culpables 
área de influencia.  En que van consistir esas xestións? pois nunha víaxe a Madrid con todos os gastos pagados para entrevistarse co segundo ou terceiro de Gallardón.
Con este  corto e ambiguo comunicado o noso alcalde vai ser recordado como o Alcalde de Cambados que fixo desaparecer un partido xudicial que ten mais de cento cincoenta anos
de vida. Tampouco vaiades a pensar que está a facer moito a oposición.
Os funcionarios dos xulgados de Cambados , parécelles un verdadeira animalada do Partido Popular de Luís Aragunde, parécelles que  non teñen nin “puta idea” (perdoade a expresión) lexislando, pero
aínda que os funcionarios tamén lle afecta, os mais prexudicados van ser os xusticiables, porque  se lle vai encarecer a xustiza moitísimo mais e alonxa moitísimo mais a xustiza do cidadán. 
Nos pensamos que o BNG e PSOE tanto a nivel local, como comarcal, como provincial tiñan que facer algo mais.

Ningún comentario: