26 de maio de 2014

UN ALCALDE POPULAR DE CAMBADOS ENSINA A PAPELETA DOUTRO PARTIDO EN PÚBLICO

INTRES ANTES DE EXERCER O SEU DEREITO A VOTO
Varias testemuñas que estaban onte no colexio electoral onde votaba a personaxe en cuestión, viron como un votante que foi alcalde popular de Cambados,
Cal deles seria?
amosaba o seu voto sen ningún recato ao publico existente no Colexio onde ía a votar, voto que por suposto non era “popular”, sendo tamén, sorprendentes testemuñas que non daban crédito o que vían,  os interventores e apoderados do que fora o seu partido tan querido e amado noutros tempos, feito da que foran testemuñas tamén apoderados e interventores

doutras formacións. A personaxe en cuestión aparte de ser alcalde tamén foi un alto cargo da xunta na época de D. Manuel.
O dia 24 de maio pasado,  sen ir mas lonxe denunciabamos que unha destacada personaxe pertencente ao mesmo partido, e amigo do anterior,  andaba repartindo votos  da mesma formación política escindida dos populares. Esta famoso industrial  xubilado que chegou a ser concelleiro popular  foi unhas das persoas mais destacadas da vila que se destacou sempre por “defender a morte” os populares.
Ou sexa que as vacas sagradas populares en Cambados, parece que non están moi conformes coa actual dirección dos populares en Cambados.



Ningún comentario: