23 de xuño de 2014

A SOCIEDADE CULTURAL SOLICITOU NO 2003 QUE SE DECLARARA PERSOA NON GRATA A MARISOL BUENO.

CON MOTIVO DE LEVAR A SEDE DO CONSELLO REGULADOR PARA PONTEVEDRA, CANDO EN REALIDADE A PERDEMOS POR CULPA DE TOURÍS.
Buscando nas hemerotecas atopámonos  cunha nova dun profundo calado o mesmo tempo que moi curiosa, en
outubro do 2003 o daquela presidente da Sociedade Cultural, esta sociadade onde se gastou inutilmente un millon de euros dos petos dos cidadáns e que non vale para nada,   Manuel Ferreiro Insua solicitou formalmente ao Concello de Cambados que  declarara persoa non grata no ámbito do noso pobo a daquela presidenta do Conselle Regulador e afiliada do Partido Popular e ollido dereito de Don manuel,   a ínclita Marisol Bueno a quen gran parte do PP cambadés  culpou
enganosamente de ser a principal culpable de traslado da sede das Rias Baixas a Pontevedra, cando en realidade o verdadeiro culpable daquela desfeita para o pobo de Cambados, e que será obxecto dun amplo artigo por este blog, foi o inútil que temos como Delegado Provincial da Xunta e antigo alcalde de Cambados (ben o de antigo non sabemos realmente como explicalo, en realidade é o que segue a mandar no concello de Cambados).
Tourís como aquela famosa escena bíblica na que Esaú vendeu a Jacob a súa primoxenitura por un prato de lentellas, neste caso o impresentable do Caudillo de Oubiña vendeu a sede do Consello Regulador de Cambados por unha  lexislatura mais como senador e así cando se xubile ter acceso a unha xugosa xubilación, o demais son contos chinos que na época tamén lle contaron o bo de Ferreiro, pero  estamos seguros que o propio Ferreiro e todos cambadeses sabiamos a verdade,  o que pasa que Touris ten moitisimo poder en Cambados e todo mundo lle ten medo, porque ademais tamén sabemos en Cambados que aparte de ser unha mala persoa e un “tio” moi, pero moi vengativo.
Por certo que teima ten a Sociedade cultural de declarar persoas non gratas a quen non debe, ultimamente parecer ser que esta sociedade e para o unico que vale.

R. L. C. Certo, neste tema todos xogaron o seu papel, pero sin dudas que Touris foi o armadanzas da desfeita, convencendo o sector vitivinicola do Salnes que Cambados tendria unha subsede do consello no pazo Torrado, pero como esta demostrado todo mentira.
Cabe destacar que o sr. Lores alcalde de pontevedra mordeu o anzuelo envenenado de goolding Touris-Bueno-Louzan, e reclamou coas espadas en alto a sede pra Pontevedra, xogando no terreno pantanoso do P.P.
As cooperativas do salnes estaban inmersas en subvencions, e non moveron un dedo e marisol saleu coa sua batalla ganada, sendo logo premiada como Diputada na Xunta, e fai poucos meses con un novo premio de 500.000€ en subvencions pra sua adega.

Ningún comentario: