10 de xuño de 2014

NON TE PODES PERDER A RE ESTREA DE YERMA O DOMINGO 15 DE XUÑO AS 21 H.

A CARGO DA COMPAÑÍA DE TEATRO CAMBADESA “TEATRO NO GARAXE”
O día doce de xaneiro pasado o Auditorio de Cambados quedábase  pequeno para asistir a obra de  Garcia Lorca
“Yerma” dirixida polo arousán Manolo Dios. Ata os  corredores atopábanse cheos de xente. Sen ser uns entendidos en teatro obviamente, pois para iso xa están os críticos, a
Manolo Dios
interpretación de todos actores de "Teatro no Garaxe", lembremos que son simples afeccionados, foi  marabillosa.
Pois os que por mala sorte ou por calqueira outro motivo non puideches asistir  a estrea, o vindeiro domingo 15 de xuño as 21 horas  teredes a opción de presenciar esta obra tan ben interpretada por este grupo de actores e actrices afeccionadas que o o dan todo no escenario,  e que para o publico en xeral volven a repetir.
Araceli.
Rosa Mary, Matilducha, Consuelito Ribadomar, Norma Vázquez, Araceli Bugallo, Ademar Silvoso, Rita Yañez, Manolo Dios e o resto do elenco  van volver a dalo todo para facer as delicias dos
Ademar Silvoso

presentes,  se non a viches aconsellamos encarecidamente  que vos acheguedes o Auditorio de Cambados, o vindeiro domingo, non vos ides arrepentir.  










Ningún comentario: