19 de xuño de 2014

PRESENTACIÓN DO DISCO LIBRO “DOCE CANCIONES GALLEGAS”

MAÑA AS 19.30 NO PAZO DE TORRADO DE CAMBADOS COA ACTUACIÓN DO PIANISTA BRAIS GONZALEZ E DA SOPRANO BEGOÑA SALGUEIRO
Mañá 20 de xuño ás 19.30 horas, terá lugar no Pazo de Torrado de Cambados a presentación do Disco-libro “DOCE CANCIONES GALLEGAS”. Presentará o acto Xosé Carlos Bernardez
De esquerda a dereita Brais Gon-
zalez, Begoña Salgueiro e Menca
Estevez.
, Licenciado en Xeografía e Historia, sección Historia da Arte, é profesor de Lingua e Literatura Galegas, e ensaísta de temas literarios e artísticos.é un ensaísta literario galego., participará no mesmo a pintora Menca Estevez, autora dos cadros que ilustran o libro e terá lugar tamén a interpretación de

duas das cancións do ciclo en directo, a cargo da soprano Begoña Salgueiro e do pianista Brais González.
 ‘Doce canciones gallegas’, é  un traballo da soprano Begoña Salgueiro e do pianista Brais González que achega música contemporánea con textos poéticos clásicos da literatura galega. 
O libro-CD, que conta coa colaboración da Secretaría Xeral
Xosé Carlos Bernardez
de Cultura, é froito dun traballo de investigación e creatividade multidisciplinar e aporta como principal novidade a gravación conxunta dos doce temas. Isto supón a recuperación e difusión dun importante patrimonio poético-musical, practicamente descoñecido para o público galego.
De maneira concreta, ‘Doce canciones gallegas’ reúne poesías de autores galegos
do talle de Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Vicente Risco, Ramón Cabanillas, Antonio Noriega Varela e Xosé Ramón e Fernández-Oxea (Ben-Cho-Shey), musicadas por diversos compositores españois da segunda metade do século XX como Frederic Mompou, Xavier Montsalvage, Jesús Guridi, Eduard Toldrà ou Joaquín Rodrigo, entre outros. 
A iniciativa de Antonio Fernández-Cid
‘Doce canciones gallegas’ fíxose orixinariamente realidade grazas ao empeño do crítico musical galego, Antonio Fernández-Cid, quen acadou que a Deputación ourensá
Antonio Fernández-Cid
encargara doce pezas musicais a algúns dos máis destacados compositores de mediados do século XX. As pezas foron estreadas o 15 de xuño de 1951 pola soprano Carmen Pérez Durías e a pianista Carmen Díaz Martín na cidade de Ourense. As mesmas intérpretes foron tamén protagonistas da estrea madrileña, que tivo lugar unha semana despois, o 22 de xuño, baixo o patrocinio do Centro Galego.

Ningún comentario: