14 de ago. de 2014

A FESTA DA PASTORA NON SE CELEBRA POR CULPA EXCLUSIVA DE LUÍS ARAGUNDE. ARAGUNDE PEDIULLE A UNHA ASOCIACIÓN DE MUSICA TRADICIONAL QUE SE FIXERA CARGO DA FESTA.

Foto: Diario de Arousa (non consta autor)
ATA 775 SINATURAS XUNTARON OS VECIÑOS DA PASTORA PARA SOLICITARLLE APARCAMENTOS AO ALCALDE LUÍS ARAGUNDE.
Xa comentamos neste blog por activa e por pasiva,  que este ano non se celebra a Festa da Pastora por culpa
Foto: Faro de Vigo I.A.
exclusivamente do Alcalde de Cambados Luís Aragunde, o demais que conta a prensa,  son iso “contos chinos”. A anterior directiva non deixou de facer a festa por capricho, senón que deixou de facer a festa porque lle levaba avisando a Luís Aragunde durante catro anos que non lle organizara actos no Paseo da Calzada o día que se celebraba a festa no monte. Aragunde
Foto: Faro de Vigo.
sempre lle contestaba o mesmo “hai xente para todo”, a directiva en cuestión cansouse e grazas a Aragunde non se celebra a festa este ano, e xa veremos para o ano que ven. Coa de San Roque, xa van a la dúas festas senlleiras que se cargou Luís Aragunde en Cambados.
LUÍS ARAGUNDE DÍXOLLE A UNHA ASOCIACIÓN CAMBADESA DE MÚSICA TRADICIONAL QUE ORGANIZARAN ELES A FESTA. 
En vista de que a anterior directiva non organizaba a festa Luís Aragunde, como se dunha puñalada trapeira se tratara, 
Foto: Alzalavozcambados
encargoulle a unha asociación cambadesa de música tradicional que organizaran eles a festa, ao que se negaron en redondo, polo que a xogada a Luís Aragunde saíulle mal. Por certo  este dato témolo confirmadísimo e non damos o nome da asociación porque non nos estrañaría nada que o negaran.
De todos xeitos este sábado as agrupacións Volandeira e Xironsa van  a facer unha festa informal no monte, onde tocarán algunhas pezas e  pasaran una anaco en boa compaña.
Foto: Faro de Vigo
PRETO DE 800 SINATURAS XUNTARON OS VECIÑOS DA PASTORA PARA SOLICITARLLE APARCAMENTOS AO ALCALDE LUÍS ARAGUNDE.
Os xa  tan “cacareados” problemas de aparcamento no noso pobo os veciños de Avda da Pastora, veñen de
presentar estes días no Concello de Cambados, preto de 800 sinaturas solicitándolle ao que temos de Alcalde prazas de aparcamento, dada a carencia dos mesmos. Os veciños
Foto: Faro de Vigo.I.A.
critican duramente a Luís Aragunde , pois a súa incompetencia está a facer que tantos os cambadeses como os turistas “escapen” dos seus negocios.  A este paso Luís Aragunde vai acabar con Cambados, estao a “matar” lentamente. Os cambadeses, iso si timidamente, comezan a protestar contra este inoperante Alcalde. 

Ningún comentario: