4 de ago. de 2014

INCRIBLE, EXCEPCIONAL ESPECTÁCULO O FESTIVAL DE XIRONSA DESTE ANO

O DÍA 30 DE AGOSTO O CAMPO DA FESTA DE CORVILLÓN VAI SER TESTEMUÑA DESTA XORNADA DE MÚSICA GALEGA.
A verdade é que ano  Xironsa mellora a pasos axigantados e cada vez vaille ser mais difícil mellorar porque todos aos
anos poñen a “carne no asador” e ven sendo moi díficil superar o ano anterior. Este XIV festival de Xironsa non para dende as dez da mañá ata altas horas da madrugada. É mais xa na véspera , ou sexa o día 29 de Agosto Xironsa fará un espectacular pasarúas polo centro de Cambados sobre das 21 horas.
Xa o sábado dia 30 este é o incrible 

PROGRAMA DE ACTOS

10.00: Alborada a cargo dos grupos  EICHEDISIR, XIRONSA, AIRES DA COTRA, NON VALE FURAR E DE CORBATA.

13.00: Sesión Vermuth a cargo da BANDA DE MÚSICA DE CASTRELO.  Unha das mellores Bandas de Música do noso país, con mais de 124 anos de historia (Fundada en 1890) a Banda de Música de Castrelo  e un feito constatabel que mellora día a día, e podémolo comprobar precisamente in situ na Praza de Fefiñans onte co espectacular concerto que deron   interpretando música latina e rock. No festival de Xironsa interpretaran pezas galegas na que non faltaran por suposto as gaitas, un espectáculo que vai ser digno de admirar.

14.00: Xantar Popular. A base de empanada, críollos,
churrasco, viño tinto, postre etc, para cal te podes anotar a calqueira membro de Xironsa para que retire as invitacións que son a un módico prezo, retira canto antes pos o ano pasado eramos mais de 300 persoas.
15.30:  Animación e postres a cargo de:
  
PETER PUNK,  é un dos clowns e humoristas máis destacados e programados en Galicia nestes últimos anos. Gañador doFesticlown 2008, con xiras por Brasil, Italia, Portugal, Palestina, participante nas máis importantes citas de clown do Estado (Cataluña, Baleares, Madrid, Euskadi, Andalucía…) e con Galicia enteira percorrida na procura da vosa risa. Con máis de 800 funcións Peter Punk é un dos clowns galegos de referencia, cun humor pillabán e fresco sen igual. 

CIRCO CHOSCO,  créase trala unión de Ariñe Azkue e
Óscar Páez logo de coñecerse na Escola de Circo Oreka ( Pamplona), na que se forman durante 3 anos. Alí aprenden diferentes técnicas de circo así como malabar, equilibrios, aéreos, clown, interpretación, creación...
Despois toman diferentes camiños , onde traballan con diferentes compañías de circo-teatro para volverse a xuntar en Arxentina onde o actor, clown, docente e director Walter Velázquez, bótalles unha man na dirección do espectáculo Chosco !.

21.00 Festival de grupos a cargo de grupos de recoñecido prestixio tanto de nivel provincial como nacional e así abrirá o acto os Gaiteiros e pendereteiras Asociación  organizadora do acto: XIRONSA. Logo actuarán: 

BOU DE BOU  Son un cuarteto de música tradicional galega da comarca do Salnés criados musicalmente en Xironsa, formado por dúas gaitas, tambor e bombo .Tocan con gaitas en tonalidade DO, SI natural e RE, e con  percusión en madeira de nogueira. O seu afán é a divulgación da música tradicional do Salnés, e tamén a de outras zonas de Galicia, con seriedade e rigor musical, sen deixar de lado a calidade no son. Boudebou Gaiterios vai máis ala dun grupo de gaitas, xa que forma parte da asociación que leva o mesmo nome (ASC. Cultural Boudebou) a cal ten por obxectivo fomentar a música tradicional, e os instrumentos asociados a ela dende unha perspectiva actual sen esquecer as súas orixes.

CARAPAUS é o nome que reciben os xurelos no sur do país
e en Portugal. Cinco músicos formados durante anos na música tradicional, xúntanse para dar forma a este grupo de recente creación. o grupo fai soar nos seus concertos múltiples instrumentos (gaitas, acordeón, frautas, zanfona, percusións tradicionais, e sobre de todo voces) combinados en diferentes formacións; que non deixan de dar frescura e ritmo durante o tempo que dura o seu espectáculo.Co seu primeiro disco no mercado, non deixarán que os torreiros paren de cantar e bailar. Compoñentes:  Oli Xiráldez, Emilio Lois, Gustavo Couto, Sabela Galbán, Adrián Lareo.

RADIO COSuns pandeireteiros de sona que fixeron evolucionar a nosa música naturalmente.
Xurxo Fernandes e Quique Peón, cantantes e percusionistas do grupo, son dous referentes no eido da investigación etnográfica en Galiza. As melodías utilizadas neste proxecto pertencen aos seus arquivos de gravacións de campo, traballo que levan facendo por todo o país desde hai máis de tres décadas. Vai para xa nove anos que RADIO COS leva percorrendo escenarios en Bélxica, Inglaterra, Escocia, Bretaña e Galiza transmitindo o seu modo de entender a nosa música tradicional. 
A banda confórmana tres prestixiosos músicos: Pedro Lamas na gaita e saxo soprano, Nikolay Velikov no violino e Xan Pampín no acordeón.

A BANDA DA BALBINA,  Alá polo Maio do ano 2008 naceu
a Estomballada, e con ela A Banda Da Balbina. Esta canción acadou unha ampla difusión na radio e TVG, e noutras canles, formando parte tamén do repertorio de algunha orquestra galega. Un ano máis tarde a Balbina pareu O Fillo Do Mar, e con el chegou o primeiro premio da Radio Galega do programa Apologhit. Co empuxón de este premio o grupo comeza a súa andanza polas festas-concertos de toda Galicia, (compartindo escenario con Mercedes Peón, Festicultores, Cuchufellos...) levando sempre boa música en galego e moita festa.
            As suas creacións seguen mantendo uns ritmos festeiros e unha retranca propia do país."Se hai algo que nos define é que cantamos e contamos historias, historias que son suas e comúns nas catro provincias da Galiza. Dende os nosos inicios mantemos unha proposta que mestura ritmo e melodía ca musicalidade da lingua galega." 

Ao remate gran Sesión Pinchadiscos ata altas horas da madrugada..  Durante o festival haberá sorteos, entrega de premios e daranse uns petiscos para repoñer forzas.
Non nos digades que non é un programa excepcional , así que en Xironsa espéranvos para que compartides o día con eles.


Ningún comentario: