12 de ago. de 2014

PREOCUPACIÓN NO SECTOR DO MARISQUEO POLOS VERQUIDOS

Foto: Alza la Voz Cambados
TANTO EN CASTRELO COMO NAS TOUSAS DE S. ALBERTO (FORA DE TRAGOVE).
Estes días puideches ver  en varios medios de prensa dun verquido que case ninguén lle dou importancia agás as
Foto: Cores de Cambados.
mariscadoras que  si saben da importancia destes verquidos. Algúns desalmados verten coa anuencia dalgunhas administración ao rio Umia, verquidos que van parar normalmente a desembocadura e por ende a un dos bancos naturais masrisqueiros mais
Foto: autor descoñecido.
ricos da ria de Arousa, o Serrido. O Serrido pese a ser unha gran banco natural está a sufrir grandes embestidas de contaminación que por agora vai absorbendo grazas ao gran traballo das mariscadoras que van sementando, pero cada día a mortandade vai sendo mais alta e a causa son estes verquidos. a situación comeza a preocupar.
MARISCO MORTO PRETO DO SUMIDOIRO DE TRAGOVE
Tamén segundo nos conta un mariñeiro , está empezando a
Foto: F.M.
aparecer marisco morto por fora do peirao de Tragove, preto de onde ten a súa saída a o centro de depuración de Tragove, concretamente no que os mariñeiros denominan as  tousas de San Alberto, como podedes apreciar na fotografía que nos foi facilitada.  A cousa aínda que non é alarmante comeza a preocupar. Xa o dixemos máis dunha vez neste blog senón se empezar a tomar medidas a cousa pódese ir agravando.

Ningún comentario: