6 de ago. de 2014

UN CAMBADÉS EVITA UN POSIBLE SECUESTRO DUNHA ADOLESCENTE EN VILARIÑO

UNHA FURGONETA CITROEN DE COR GRIS  CON TRES INDIVIDUOS ABORDO,  OS QUE INTENTARON LEVALA.
Un cambadés,  que por razóns obvias,  imos manter no anónimato,  hoxe a mañá evitou un posible
secuestro dunha moza adolescente de 12 a 14 a nos no lugar de Cacabelos en Vilariño . O noso heroe particular,  e  a vez o que nos facilitou a nova, viña no seu coche dende Pontevedra cando veu a altura de Cacabelos que unha furgoneta citroen de cor gris con tres homes no interior,
 cuxos derradeiros números da matricula (os que puido coller o noso informante ) eran 005 que o precedía ía marcha lenta detrás dunha nena con dubidosas intencións , cando a persoa en cuestión veu que facían ademán de collela o que fixo o noso heroe particular foi a cercarse tamén a nena, momento en que a furgoneta en cuestión deuse a fuga, o que evitou mais que un probable secuestro da nena sabe Deus con resultados. O noso informante inmediatamente deu conta do feito a Policía Local de Cambados, por erro puxemos a Policia Local canda en realidade a persoa en cuestión puxo o feito en coñocemento da Garda Civil.

Ningún comentario: