11 de out. de 2014

GRAVÍSIMAS ACUSACIÓNS DE VICTOR CAAMAÑO A LUIS ARAGUNDE A RAZON DO CASO "POKEMON-CAMBADOS"

“NO CONCELLO SE  SOLUCIONAN PROBLEMAS DEPENDENDO QUEN SEXAS E SE CONTRATA A XENTE AFÍN AO PARTIDO”
Hoxe Victor Caamaño portavoz do BNG no
Concello de Cambados, enviounos a seguinte e durísima a par que interesante nota de prensa: 
“”Para sobrevivir, vota PP
O pasado 29 de setembro, o BNG solicitaba do concello de Cambados a creación urxente dunha Comisión de Investigación, a nivel municipal, para tratar de aclarar a información, saída nos xornais, relativa a operación xudicial “Pokemon”. En dita información se afirmaba que a Vixilancia Aduaneira
intervira os ordenadores da empresa “Aquagest”, onde encontrou correos electrónicos, sobre prácticas de enchufismo e recomendación que vinculaban a empresa co concello de Cambados. O concello, gobernado polo PP, fixo un contrato con dita empresa que a vincula un
cuarto de século con Cambados e semella que como contrapartida a empresa contrataría a determinado persoal ao gusto do PP. Días despois, se aclaraba nos medios de comunicación que fora un funcionario municipal  o que solicitou a citada contrapartida. Por certo, o BNG denunciou publicamente, en diferentes ocasións, que determinados funcionarios do
concello desempeñaban un papel político nesta administración local que é inadmisible e está fora de lugar.
Así mesmo, o BNG sempre denunciou, baseándose en feitos como o descrito, que o PP utilizou, tradicionalmente, o concello como se fora a súa sede política, ou mellor dito, a súa empresa privada. Sempre tentou transmitir a veciños e veciñas que concello de Cambados e PP eran o mesmo. No concello se  solucionan problemas dependendo quen sexas e se contrata a xente afín ao  partido; e para mostra, este caso. É dicir: para sobrevivir, vota PP. 
A día de hoxe, por suposto, o BNG non ten ningunha resposta por parte do concello para constituír dita comisión; é dicir, o PP prefire ollar cara a outro lado como se o asunto non fora con eles. Cousa que por outra banda o BNG agardaba, pois coñecendo as estratexias do PP, xa sabemos que unha cousa é o que di e outra moi diferente o que fai. Porque ao PP lle encanta falar de transparencia e rexeneración democrática pero despois fai todo o posible porque a situación siga igual. O BNG non pode dicir que a actitude do PP o sorprenda con esta situación e cremos que ao cidadán tampouco.
Polo menos neste caso unha cousa quedou aclarada, pois agora xa entendemos porque ao BNG xamais se lle responden, desde o concello, ás peticións, preguntas ou solicitudes por escrito, pois semella que o funcionario que ten esta labor ocupa o seu tempo escribíndolle correos electrónicos a “Aquagest”. “”


Ningún comentario: