12 de out. de 2014

O 7 DE NOVEMBRO ESTREA MUNDIAL DE “HOLY NIGHT” NO AUDITORIO DA XUVENTUDE DE CAMBADOS.

UN FILME ANIMADO DO CINEASTA CAMBADÉS JUAN GALIÑANES, QUE AÍNDA NON FOI DISTRIBUÍDO PESE E QUE É DO 2011.
O día 7 de novembro vai ser un día moi especial para o cineasta cambadés Juan Galiñanes, vaise estrear no seu pobo o
filme animado “Holy Night”, un  filme que por culpa da tan cacareada crise leva nun caixón do 2011.  Dese caixón saiu o filme para ser estreado no Festival de Cine de Málaga en maio do 2012, no cal tivo unha excepcional acollida e o propio Juan Galiñanes dicía no seu blog que cando terminou a súa proxección, a reacción foi aínda mellor. Os pais pasaban polo
seu lado felicitando a Juan e os nenos saían comentando o que máis lles gustou. Unha par de mozos viñeron tamén a comentar o “boa que lle pareceu a película”, ían sen nenos, e destacaban a presenza de "guiños" tamén para os adultos que facían que a filme funcionase tamén cos maiores.
A proxección deste filme vai ser todo un acontecemento en Cambados e Galicia polo que se prevé un cheo espectacular o día da súa estrea, para asistir a este celebración previamente haberá que recoller  as invitacións nas instalacións
culturais do concello.
Juan non para de traballar a xa ten  en estudo un ambicioso proxecto, un traballo  con Vaca Films,a produtora de “El Niño”. 
RESUMO DE “HOLY NIGHT”
Noiteboa. No salón dun fogar conviven dous mundos de xoguete. Por unha banda, sobre unha mesa un Belén co seu Portal, os seus Reis Meigos, os seus Pastores... E por outro, figuriñas de
Santa Claus e os seus traballadores "duendes" decoran a Árbore de Nadal. 
Todo está disposto para celebrar uns tranquilos Nadais, pero de súpeto salta a alarma: O neno Jesús foi secuestrado e o trineo de Santa Claus, con reno incluído, desapareceu. 
O Nadal está en perigo e ambos mundos cúlpanse entre si. Unha postoriña de Belén (Sara) e un elfo de Santa Claus (Sam) terán que atopar á verdadeira culpable (a ovella Rita) para impedir así que estale unha auténtica guerra en miniatura.
TRAILER DE HOLY NIGHT: 



Ningún comentario: