21 de dec. de 2014

REGALA CULTURA GALEGA NESTE NADAL

“VENDIMA TARDA” DE TREIXADURA É O MELLOR AGASALLO
Estou feliz, pero non por estar no Nadal estou feliz porque recibín neste Nadal
o mellor agasallo que me poderán facer , ¡Xa teño nas miñas mans “Vendima tarda” de Treixadura!.
O venres tivemos a cea do chollo, deiteime sobre as 8 da mañá despois dunha gran noite cos meus compañeiros de traballo. Eran as doce de maña e cadrou que estaba eu so na
casa durmindo, e soa o timbre, despértome "resacoso" en bata de casa e abro a porta,  e unha persoa  marabillosa (e vouno deixar aí) díxome “acaba de chegar , aquí o tes” e pon nas miñas mans o novo e derradeiro disco de Treixadura, evidentemente fundeime nun abrazo con el.  Pese a que seguía tendo sono,  a miña curiosidade era tanta que
inmediatamente púxenme a ver o DVD, as magoas caian pola miña cara abaixo pero non de tristura, senón de emoción e alegría ao ver  25 anos da historia de Galiza subidos nun escenario, e o
mellor de todo tiven a sorte de participar modestamente e sen notarse neste disco e en moitos dos seus concertos, evidentemente como público e apoiando coa miña gorxa as cantigas supercoñecidas do grupo. Un día díxome un rapaz dos que andaba pola Pub A Leria de Cambados “Chon hai mais música mais aló de Treixadura”, eu
contesteille “claro que si, pero que te fagan chorar e que cheguen a alma moi poucas”. Son seguidor de Treixadura dende os seus comezos,  e sereino ate que morra e lembro con moita cariño fai moitos anos nunha festa de San Roque como cinco mozos subíanse a un palco  en Cambados coas súas gaitas e coa súa percusión (aínda non se engadira o acordeón) e ganáronnos os que alí estabamos, que por certo non eramos moitos pero auténticos.  Como dicía moi ben na Sala de Concertos Afundación de Vigo a principios de outubro Cesar Longa, este disco pecha unha porta pecha unha etapa , pero abre outras portas abre as portas a outros 25 anos como mínimo de musica galega e respecto pola nosa terra,   pois ninguén pensaba fai 25 anos que un grupo de  gaiteiros ao que se engadiron mais tarde unhas voces celestiais,  ían ser capaces de encher auditorios, prazas e lugares simplemente coas nosas gaitas e coas nosas cantigas. Pode haber moitos agasallos en Nadal , pero que cheguen a alma só hai un “Vendima tarda” de Treixadura, se queres a alguén regálallo. Un escoitando Treixadura sente o orgullo de ser galego. 
XAQUIN CHARLIN "CHON".











FOTOS: Fotogramas do DVD de Treixadura  e A TI MEU CAMBADOS.

NOTA DE XAQUIN XESTEIRA: Se non tivéchedes aínda ocasión de conseguir o novo traballo de Treixadura, VENDIMA TARDA, mañá día 22 de decembro, estarei no local de ensaio do grupo, na Rúa Isabel II, nº 3 de Cambados entre as 5 e as 9 da tarde. Un saúdo a todos e boas festas.


Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI 

Ningún comentario: