3 de feb. de 2015

NO PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA O 11 ABRIL 2015 21.00 H.

TREIXADURA 25 ANOS - ''VENDIMA TARDA''
Treixadura, 25 anos. Presentación do seu novo traballo discográfico "Vendimia
tarda".
Concerto coa participación da coral Cantiga e Agarimos. 
Treixadura celebra en Pontevedra o seu 25 aniversario de traxectoria artística cun novo disco que resume a súa extensa carreira e inclúe algunhas pezas inéditas.
TREIXADURA:
Treixadura constitúe desde 1990, un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita.
Un tempo no que o grupo foi modelando o seu camiño, transformando o estilo, sen renunciar ao seu son característico. Fieis ao compromiso co seu público, intentando elevar a interpretación da música tradicional ao máximo nivel artístico e escénico.
Ao longo da súa traxectoria son moitas as melodías que
rescataron do anonimato e outras tantas creadas para que a cadea de transmisión da música tradicional continúe viva.
Un xeito de facer cunha personalidade moi característica, de enlazar a raíz musical da nosa cultura co xeito de entender hoxe a música tradicional.
25 anos de grabacións e concertos, 6 discos no mercado, unha variada gama de colaboracións discográficas e vida en común, compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.
O grupo Treixadura está formado por:
Toniño López: Tambor e pandereta.
César Longa: Acordeón.
Pablo Nogueira: Gaita e percusiones.
Magoia Bodega: Gaita e bombo.
Xaquín Xesteira: Gaita e percusiones.
Orfeón Treixadura (10 voces):
Tenores: Alberte Raposo, Toño D. Fontenla e Delio Domínguez.
Barítonos: Antón Cabaleiro, Pablo Rei, Xurxo Raposo e Mingos Lorenzo.
Baixos: Álvaro Lamas, Gustavo Cuntín e Moncho Marín.
Treixadura foi galardonado nos primeiros Premios Galegos da Música Martín Códax, entregados en decembro de 2013,
como o Mellor Grupo de Música Tradicional Galega.
En 2014 recibiron a homenaxe da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística pola súa exquisitez no tratamento musical e escénico do noso folclore e o seu traballo en prol da recuperación da música tradicional galega.
Prezo dá entrada desde 10,00 €
Comprar entradas TREIXADURA 25 ANOS - ''VENDIMA TARDA'' Pontevedra, PREMENDO AQUI.

Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI


Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: