7 de abr. de 2015

GUERRA "SUCIA" CONTRA O PSOE DE CAMBADOS EN INTERNET

PROBABLEMENTE ALGÚN CONCELLEIRO DO PP ESTEA IMPLICADO NUN FERFIL FALSO DE TWITTER DE FATIMA ABAL.
INCLUSO NUN ALARDE  DE MAL GUSTO CHEGAN A "BROMEAR" CO AME, A ENFERMIDADE DE MERCHI ALVAREZ
Dende o 15 de febreiro pasado autor ou autores descoñecidos están a utilizar un perfil falso da candidata do
PSOE  Fátima Abal, un feito que nos parece gravísimo pois está a denigrar a imaxe da candidata socialista e de outros membros do PSOE. Parece que os populares están nervosos. Probablemente
estea detrás deste perfil un concelleiro do Partido Popular de Cambados, ou polo menos colabora con mesmo,  pois o día 20 de marzo publicaron unha fotografía no citado perfil falso a cal foi sacada sen ningún
xénero de dubidas desde un dos escanos do Partido Popular, como se pode apreciar na mesma, e non transcurso dun pleno. A foto puido ser sacada por un destes concelleiros José Juan Cores Chaves, Candelaria Martínez Eiras,  María Isabel Varela Piñeiro, Antonio Joaquín Iglesias Pombo, Mónica Brea Troncoso, Rodrigo Rey Vázquez,  Juan Ramiro Gómez Blanco,  Eulogio Pomares Botana este ultimo e menos probable porque queda a durmir nos plenos. Coa agravante de que Luís Aragunde prohibe sacar fotos as persoas ou medios que no están autorizados nos plenos. Realmente en moitos plenos é o que se dedican estes concelleiros, a xogar cos móbiles.  
BROMEAN CO AME
Nun alarde de mal gusto, nese perfil incluso se chega a "bromear" co AME a enfermidade que padece Merchi Alvarez, hai que ser "pordiosero" por non dicir outra apelativo
mais forte para poñer no twiter estes post: “De esta enfermedad y así tener más popularidad en Internet. GRACIAS AME”, ou “Quiero agradecer a AME que le diese la oportunidad a los blogs @CORESDECAMBADOS @atimeucambados y a @AlzaLaVozKmb2 de subirse al carro” e se hai algunha persoa que se aproveitou politicamente desta enfermidade non foi outro que o Alcalde Luís Aragunde, e dicimolo con coñecemento de causa. E tan rastreira a actitude desta persoa, a que está detrás do perfil,  polo de agora
que pode ser ate delituoso a súa forma de actuar. Polo de agora Fatima Abal non presentou no xulgado denuncia , que se coñeza. O administrador de este blog tamén lle fixeron un perfil falso , puxo denuncia no xulgado e o día seguinte desapareceu o perfil. Tamén bromean cos novos fichaxes Neno Millan e Dani Direito nun dos seus twits.
FOTOS DE ISMAEL AGRA O DÍA DO ALBARIÑO
Tamén publican unha foto de Ismael Agra, presidente de XXSS o día do Albariño coa seguinte inscrición: “Programa electoral 2015. Festejar el botellón de la fiesta del albariño de forma oficial con la I Festa do Botellón”, deixando
entrever actitudes alcoholicas de Ismael, un rapaz cunha conduta intachable, bo estudante e fenomenal persoa, parécenos rastreiro. Este blog ten na súa propiedade fotos do xente dos cachorros populares  de Cambados en actitude moito mais lamentable que nunca publicamos.
Estes elementos sempre critcaron a este blog polo que segundo eles chaman "criticas mordaces e de mal gusto", pero este blog sempre  deu a cara para mal ou para ben, e non fan coma eles que se agachan no anonimato porque non teñen "huevos" para dala cara.
PARA ENTRAR NO TWITTER FALSO DE FATIMA ABAL, PREME AQUI

Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos de novas en xeral, preme AQUI

Se queres ver os nosos videos de deportes, preme AQUI

Ningún comentario: