11 de abr. de 2015

PARA LUIS ARAGUNDE HAI CAMBADESES DE PRIMEIRA E CAMBADESES DE SEGUNDA

OS COMERCIANTES CERCANOS A PRAZA DE FEFIÑANS TEÑEN MOITO MAIS PODER QUE OS DE SANTA MARIÑA.
A diferenciación que fai Luis Aragunde cos
veciños de Cambados non ten nome, a discriminación é continua polo Alcalde de Cambaos aos veciños da nosa vila,
e onte mesmo liamos na Voz de Galicia este curioso titular “Luis Aragunde atribue que non se peoanalice (referíndose a Praza de Fefiñans) a que os comerciantes non queiran”, e xa se lemos o interior de nova ainda é mais preocupante pois di “O Alcalde Luis Aragunde está entre os partidarios da peonalización (esto no cree nin el nin a periodista que o redactou) , pero négase a abandeirar esta cruzada alegando que os empresarios de Fefiñans, tanto o comercio como a hosteleria, son contrarios a esta medida, apelando a cuestións económicas” . Feito cando menos discutible pois
en Pontevedra pasa todo o contrario os comercios e os bares gañan mais cartos coa politica de peonalización do Concello e a cidade é premiada en todo o mundo. 
Pero quen dirixe o Concello de Cambados?. Este non era o motivo  da nova, senón que hai outros veciños que se opuxeron a que se  instalara como dirección única a Avda da Pastora, en número moito mais significativo que os comerciantes da Rua Real, mais de 150 veciños, e o Alcalde non lle fixo nin puñetero caso e seguen en Santa Moriña moi
disgustados con Luis Aragunde. Algún veciño de Santa Mariña chegounos a dicir “Pero o Alcalde que é un monigote dos bares e comercios da Rua Real ou que, en troques a nos tratanos con man dura e en plan dictador. Pero quen dirixe este pobo os comerciantes ou o Alcalde”.
Está claro que estes dous casos así o amosan,  que Luis Aragunde é un alcalde  que non trata de xeito igual aos veciños de Cambados, afirmación por outra parte que non é nova para todos nos.

Ningún comentario: