13/08/2015

O XANTAR DE XIRONSA, NON É UN XANTAR CALQUERA, É UN XANTAR NO QUE “SACIAS A ALMA”.

Moita xente pregúntase que ten o xantar de Xironsa tan especial para que reúna a preto de 400 persoas  a comer empanada e churrasco e pouco mais e que cada ano vaia mais xente e que  se desborden todas as previsións, pois eu
que levo tres anos consecutivos indo, vóuvolo contar así polo miúdo. Está claro que un vai ao xantar de Xironsa non
saciar o bandullo, que por certo por trece euros tamén está moi ben (podedes ver o cartel co menú mais abaixo e toda a información), pero un vai por outras cousas e unha delas tan importante como a de
encher o corpo,  é “saciar a alma”. Un  cando está xantando no  campo da festa de Corvillón, "casualmente" este ano estreamos novo escenario para xantar xentileza do concello de Cambados,  o primeiro que fai e dar moito a man, dar moitos bicos, charlar moito, porque a xente que esta alí normalmente coñecémonos entre todos aínda que  ao mellor algúns non os vemos dende fai tempo, charlamos primeiro tomando
unha caña ao carón do bar  o mesmo tempo que gozamos de excelentes actuacións musicais sempre da terra,  e logo xa pasamos “ao comedor”, alí sentámonos con quen nos peta ou nos apeteza ou con quen mellor nos atopemos, pero
tanto podes comer a empanada coa Alcaldesa Fatima Abal, como tomar un cacho de churrasco con Victor Caamaño, tomar o "postre" con Tino Cordal, ou rematar tomando o café o chupito con Luís Aragunde, do que menos se fala é de política, falase de fútbol, os homes falan das mulleres, as mulleres dos homes (e tamén das mulleres), "facemos uns cantos traxes", falamos de traballo e sobre todo como vai ir a vendima que esta preto neses datas, senón coincide con ela tal e como van as cousas, comer con Xironsa no Campo da Seca unha vez ao ano é unha bendición divina que che da folgos para outros 365 días, aconséllovos que probedes e veredes  que non vos estou a mentir, e todo isto na sobremesa aderezado con atraccións da terra . Que mais se pode pedir por 13 euros?

CHON.

Cartel confeccionado por  Ana Varela, futura deseñadora gráfica.

Ningún comentario: