9 de ago. de 2015

UN DOS GRUPOS DESTACADOS DO FESTIVAL XIRONSA É O GRUPO ZURRUMALLA

ACTUARÁN O DÍA 29 DE AGOSTO NO CAMPO DA SECA DE CORVILLÓN.
Zurrumalla, unha formación que leva
quince anos estudando e tocando por toda Galicia a música tradicional, conseguen de cada actuación unha festa; cun
estilo musical baseado no tradicional e achegandose a un folk propio, aportan composicións e arranxos que farán as ledicias do público. Unha sorpresa de vitalidade, e novos aires na nosa música.
Recollendo estos quince anos de percorrido, Zurrumalla editou un traballo discográfico en dous CDs, que inclúe un repertorio de vitecinco pezas tituado;
“O que había e… O que hai”
A banda está composta por Patri, Benito, Suso, Viti, Pelouro , Nacho e Luis.
Zurrumala naceu como grupo alá por febreiro do ano 2.000 cando un grupo de amigos decidiron dar pulo aos seus anceios e ás suas inquedanzas musicais. Desde o inicio, co esforzo e tempo roubado aos seus quefaceres cotiáns para os ensaios por acá e acolá, foron quen de ilusionarse e gozar coas notas que iamos arrincando á historia e tradición musical da terra. Arredor dela, craaron un universo no que sentense
unidos, ledos e orgullosos. O seu desexo é compartir este gozo, esta ledicia e este orgullo amais de que entre todos e todas, dignifiquemos a tradición. Por iso, durante estes anos de vida do grupo, e ao longo dos moitos concertos pola xeografía do país, procuran ofrecer o mellor que como gaiteiros poden
arrincar de nós.
Como a dilixencia non é unha das suass virtudes, cando decidiron gravar o CD deulles mágoa desbotar por excesivo o material acumulado ao longo destes anos. Editán entón un dobre CD no que, a primera parte está
dedicado ás pezas que tocan ao longo dos primeiros sete ou oito anos de andainas - é "O que había"-, e a sengunda -"O que hai"-, a temas máis recentes e de composición propia.
Grazas por compartir con eles este colo agarimoso e arrequecedor da música tradicional que nos abana.
E máis nada...que vos guste e a gozar!!
* Teléfono
609494855
* Correo electrónico
xusto@inquedanzas.com
* Páxina web
http://zurrumalla.wordpress.com/
* Contacto de prensa
xusto@inquedanzas.com

Ningún comentario: