6 de ago. de 2015

XIRONSA COMPLETA A PROGRAMACIÓN DO SEU XV FESTIVAL

A COMPLETÍSIMA PROGRAMACION ENGÁDESE POR PRIMEIRA VEZ UNHA ACAMPADA DE BALDE.
A asociación mais bulideira de Cambados, acaba de completar a súa programación cara o seu XV festival. Unha
Vaamonde, Lamas e Romero
programación galega 100%, completisima e para facer gozar a todos os cambadeses, e visitantes en xeral. Dous días de festival que esta ano quedan da seguinte forma:
FIANDOLA
VENRES 28 DE AGOSTO:
-         Pasarrúas polas Rúas de Cambados, a cargo de Aires da Cotra, Mecos de O Grove, Grupo Paradanda, Eichidisir, Grupo Abiñadoira, Non Vale Furar, de Corbata e Grupo Xironsa.
-         -22 hora, foliada na Praza da Seca de Corvillón,
estades todos invitados (todos os grupos de Cambados e da zona que queiran participar). Darán o pistoletazo de saída o grupo Abiñadoira.
SABADO 29 DE AGOSTO:
-         Sesión Vermú a cargo da Banda de Música Cultural de Ribadumia.
OS XEITOSIÑOS
-         Xantar Xironsa, xa están a venta os tickets a un módico prezo.
-         Sobremesa a cargo de Pandereiteras Xironsa, o xenial paiaso Peter Punk, Bambalas e o inigualable trio VAAMONDE LAMAS E ROMERO.
-         Xogos Populares e tradicionais varios, nos que pderá participar todo o mundo.
-         Gran Festival a cargo de XIRONSA, OS XEITOSIÑOS, ZURRUMALLA, AIRES DA COTRA, FIANDOLA, EICHEDISIR E CUCHUFELLOS. Un festival, como vedes, completísimo.
-         Todo isto remata cunha sesión de Pinchadiscos.
Organiza o evento a Asociación cultural Corvillón (Xironsa), e colaboran o Concello de Cambados, a Deputación Provincial e a Xunta de Galicia.

Pouco a pouco iremos desgranando grupo a grupo  para a vosa información.

Ningún comentario: