23/12/2015

A SAN SILVESTRE CAMBADESA CRECE NO ANO DO CAMBIO

 En Cambados sempre fumos moi de desfrutar dos praceres que nos ofrece a vida, pero ultimamente tamén gostamos das actividades deportivas e na época de Nadal, non é unha e excepción. A oficiosa Pachanga de Nadal que se ven celebrando no día de Noiteboa dende hai unha morea de anos polos que eran clientes habituais da praza de Alfredo Brañas, súmase unha afianzada e reforzada San Silvestre no día de Fin de Ano logo do cambio de goberno.

Como dicíamos, en Cambados somos de exaltar os días de celebración de xeitos diversos, un deles é a práctica deportiva e algunhas persoas celebrano de xeito oficioso e na intimidade dos seus círculos de amigos máis cercanos. Este é o caso dos que eran clientes habituais do Bar A Leria, actualmente pechado e sito na praza de Alfredo Brañas, que fixeron da "Pachanga de Nadal" unha cita inexcusable para todos os que se encontran no pobo nesas datas. Sempre comezan entre as 16:00 e as 17:00 horas e logo dos múltiples formatos polos que pasou, a día de hoxe disputase entre maiores de 30  e menores de 30.

O ano pasado por outra banda, froito da febre surxida no pobo polo famoso "running" (o sair a correr de toda a vida), naceu o abrigo da MARALBA e a Carreira Popular de Cambados a San Silvestre Solidaria de Cambados. En 2014 arrancaba con un pirrico apoio por parte do Concello de Cambados. Este ano coa corporación do cambio, non solo medra en percorrido, 5 km., senón que a presentación foi no concello e veu da man da recoñecida deseñadora cambadesa Eva Soto.

A proba será o próximo 31 de decembro a partir das 16:30 horas e transcorrerá polas principais rúas do centro de Cambados. A inscripción este ano poderase facer a trabes da web prueba-t e o custe, o igual que o pasado ano será a entrega de un quilo de comida non perecedeira e máis un euro para os da categoría absoluta. As categorías serán:

  • Chupete San Silvestre, 100 metros (3, 4, 5, 6 e 7)
  • Mini San Silvestre, 400 metros (8,9 e 10 anos)
  • Promesas San Silvestre, 800 metros (11, 12 e 13 anos)
  • Absoluta, 5 Km (a partir de 14 anos)
E contará cos seguintes premios:
  • Ó mellor disfraz
  • Ó mellor disfraz de grupo
  • Ós primeiros clasificados masculino e femenino
  • Sorteo de regalos
  • Chocolate con rosca a finalizacón da carreira
Toda a comida que se recade durante o día da proba será entregada a Cáritas Cambados.

Ningún comentario: