22/01/2014

¡GALIZA ESTÁ SALVADA! A “INSIGNE POLITICA” ROSA OUBIÑA VOLVE Ó PARLAMENTO

POR RICARDO DOMINGUEZ REY
      A mediados do pasado mes de decembro produciuse unha nova que
non me resisto a comentar e que non é outra que o regreso
da cambadesa, a “popular” Rosa Oubiña ó Parlamento de Galicia, onde xa estivera na lexislatura anterior. 
      Vaia por diante que son o fan mais grande  de Rosa Oubiña....sempre causoume  unha gran admiración que unha persoa tan incompetente  e  tan inútil, no campo da política, tivese chegado tan arriba na mesma. 

    De Rosa Oubiña poderíanse dicir moitas  cousas; de feito, neste mesmo blog, e con data 20 de agosto de 2012 dediqueille un artigo no que, co titulo “Grandes pensadores da historia: Rosa Oubiña (ex concelleira de Cambados e deputada autonómica)”, intentábamos indagar na personalidade desta “eminencia”  a raíz dunha cita  de Cicerón que colgara en Facebook (¡como si  ela supera
 quen foi Cicerón!)  e na  que, entre outras cousas, dicía: “(...)  la gente debe aprender nuevamente a trabajar , en lugar de vivir a costa del Estado” ....e isto dicíao unha persoa que, unha vez que  entrou na corporación municipal  do Concello de Cambados i en  canto puido,
acolleuse a dedicación exclusiva (cobrando dese modo do Estado), pasando despois  a ser Deputada autonómica para seguir mamando (¡como non!)  da teta estatal  ¡¡e aínda ten a desvergoña  de dicir que a xente debe vivir do seu traballo e non do Estado!!. 
      O grado de incompetencia de Rosa Oubiña é de tal magnitude que por saber  non sabia nin canto cobraba como membro do parlamento galego é isto non é unha frase
feita: na pasada campaña electoral ás eleccións galegas, ala por outubro do 2012 coincidín con esta señora no Chat dun grupo de  Facebook e na súa empanada mental tan característica  negábame que como Deputada autonómica  gañase  60.000 euros anuais; obviamente eu falaba con coñecemento de causa:  
todas as  retribucións  dos deputados galegos pódense  consultar na web oficial do Parlamento de Galicia (www.es.parlamentodegalicia.es/) mais concretamente no epígrafe “REXIME ECONOMICO DOS/AS DEPUTADOS/AS E GRUPOS PARLAMENTARIOS DO PARLAMENTO DE GALICIA”, se tedes curiosidade en dita paxina está moi ben explicado;
espero que hoxe en dia a miña “ilustre veciña” xa  o teña igual de claro e polo menos saiba xa  canto lle custa aos galegos a súa “brillante xestión” como política no hemiciclo autonómico. 
      
      Antes de comezar este artigo e, quizais, para sacudirme os   prexuízos persoais que eu
puidera ter sobre   esta muller, pregunteille a diversos amigos que opinaban sobre ela; a modo de resumen e utilizando unhas verbas  propias do noso “caballero español de rancio abolengo”   o “escribidor” Jose Pepe podemos dicir que é: “una mujer de bandera que sin duda despierta la atención de los varones a su paso”. Si a política fose un concurso de beleza, unha demostración  de estilo e “donaire” ou “1000
formas de como combinar tu ropero  con multiples complementos” non dubido que Rosa Oubiña nos representaría, con gran dignidadea tódolos cambadeses : ¡¡que estilazo ó vestir!!  ¡¡que porte!!. ¡¡por favor que alguén lle pregunte onde compra eses bolsos porque eu quero un igual!!. En resumo, unha muller “fashión total”. Pero o mundo da  política pouco ten que ver  con iso,  e,
 sinceramente,  ver a xente como Rosa Oubiña na mesmo di moi pouco a favor da propia política; Rosa Oubiña no parlamento é como ese floreiro que che regalan pola túa voda  e  non pega co mobiliario da casa, desentoa poñas como o poñas. 
      A mellor forma de ver o pouco que aporta á política Rosa Oubiña e comparala coa outra Deputada autonómica cambadesa, neste caso do BNG, Montse Prado. 
      O so feito de comparar a Rosa Oubiña con Montse Prado resulta ata insultante porque, simplemente, non hai punto de comparación. 
      A Montse Prado sempre a ves en múltiples actos,
manifestacións, reivindicacións, a carón do cidadán,  xa sexan de carácter local como no tema do Saco de Fefiñans,  autonómicas como no caso dos estafados  polas preferentes ou   estatais como na reforma retrograda da lei do aborto. No Parlamento de Galicia é habitual ver a Montse subir ó estrado para tomar a palabra ou participando en distintas comisións parlamentarias; si se
entra no seu perfil de Facebook pódese apreciar  toda a súa actividade en pos da cidadanía en xeral, que, ao fin e ao cabo, para iso lle votaron, para velar polos seus intereses e dereitos. Se vos atopades con Montse podedes preguntarlle sobre calquera tema da actualidade política porque a súa opinión e postura tena ben clara e pode defendela en consonancia co seu discurso e ideoloxía. 
      En canto a Rosa Oubiña, propóñovos un xogo, contade as veces que vai intervir no Parlamento, chegaríavos os dedos dunha man.....e aínda así sobraríanvos cinco dedos. Si entrades no seu perfil de Facebook, mais que o perfil dunha política parece a revista ¡HOLA! ou VOGUE, onde a nosa “querida veciña” amosa que a súa máxima aspiración e fotografarse co “famoso de turno” que
ven a Festa do Albariño: Julio Iglesias, Paloma Lago, Abraham Olano etc. ou cos pesos pesados do seu partido: Soraya “Chochito de Oro” ou Dolores de Cospedal; tamén hai fotos de comparecencias no Parlamento.....dos seus compañeiros porque, como vos digo, dubido moito que ela algunha vez chegue a intervir. Si vos atopades con ela pola rúa, “sensacional y fabulosa” como sempre vai e lle preguntades por calquera tema do terreo da
política, salvo que leve o seu libro de citas de personaxes históricos  do que poder botar man, non esperedes resposta porque non vola poderá nin saberá dar. 
      Recoñezo, a pesar de que eu nunca o votarei, que o Partido Popular ten xente moi preparada e cualificada  por iso, cando vexo a
“figuras” como Rosa Oubiña ocupando cargos que desempeñarían, infinitamente mellor, moita de esa xente da base, dáme por pensar que sentirán cando ven que a que os representa  é a mais enchufada e incompetente do partido, dende aquí a miña solidarizade con eles. 
      Seguiremos atentos para ver con que sorpresas nos sorprende a nosa  “glamurosa” veciña na súa nova etapa como Deputada, con xente como ela non me estraña que  os políticos salgan tan mal parados nas enquisas de aceptación. 
 
    UN SAUDO A TODOS
                     RICARDO DOMINGUEZ REY    
       
      

1 comentario:

o quinto dixo...

a rosiña se ñe preguntan quen descubreu america diche que ela non foi, sendo tenente alcalde de cambados, fun eu a falar co ela a pedir un certficado de que o monte de a pastora era un parque publico e po lo tanto de todos os cambadeses, porque me facia falta xa que o garda do coto de caza multoume por estar paseando un can xunta a capela,pois ben non non tiña nin idea se mo dar non fora a ser que a pastora fora coto de caza,haber desde cando carallo un parque publico con columpios de miniños e un coto e de caza, tardou corenta siglos en mo dar debeuse de ir asesorar australia,eu non sei se saberia se o monte era propiedad do concello ou non, se fora pa sacar fotiños o lado de julio iglesias e pa cobrar o mes si que ten nibel