14 de ago. de 2014

A NOVO EQUIPO DIRECTIVO DA CONFRARIA PRESENTA DENUNCIA POR CONTAMINACIÓN NAS TOUZAS DE SAN ALBERTO, PRETO DE TRAGOVE.

COMENTADA NESTE BLOG O DOCE DE AGOSTO PASADO.
O novo equipo directivo da Confraría de Cambados está claro que ten outra forma de traballar co anterior,  e non lle doen prendas  en presentar as denuncias
correspondentes contra quen proceda, como acaba de facer cun verquido que tivo lugar nas Touzas de San Alberto preto de Tragove, e que este blog xa denunciado o 12 de agosto pasado en exclusiva grazas a un mariñeiro que nos facilitou unha fotografía reveladora
Foto facilitada pola confraria.
da mortandade do marisco na zona.
Ruperto Costa  di que  estase a causar un dano cree que irreparable na zona e que agora quen ten que actuar é o Seprona e a Xustiza. Segundo o novo patrón maior,  dous navalleiros que mergullaban na zona a pulmón descubriron o terrible escenario. A mortandade afecta a navallas, vieiras, ameixas, ate miñoca é vítima deste perverso verquido.
Xa no 2007 o que foi predecesor deste blog, o blog de Unha Grande Chea, publicou dous vídeos anónimos onde se podía ver perfectamente como cerca da zona verquía o emisario submarino este moi preto das costas cambadesas, construído polo PP, para o E.D.A.R. (Estación Depuradora de Aguas Residuas), virtía o mar cada dia miles de litros de agua  presuntamente non limpa de todo e cabia a posibilidade remota   de que poidera contaminar  a zona. Obra faraónica do PP, que coma todas normalmente non serven para nada. Non queremos dicir nos que isto sexa a causa de mortandade denunciada pola Confraría, iso teno que pescudar o Seprona en todo caso, pero que casualidade que este sumidoiro vertia preto de lugar onde se atopou está gran mortandade de marisco. A Confraría pon a disposición do Seprona vídeos e fotografías submarinas realizadas no lugar, estes días.
Aquí vos deixamos dous vídeos realizados no 2007, época na que gobernaba na confraría Benito González e que ao parecer non fixo nada ao respecto,  no sumidoiro en cuestión: 









Ningún comentario: